Saltar ao contido

Ducado de Brabante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de xuño de 2024 ás 12:53 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaDucado de Brabante
Imaxe

EpónimoBrabante (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°48′N 4°18′L / 50.8, 4.3
Unión persoalPaíses Baixos dos Habsburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalCoop of Brussels (en) Traducir (1267–1795) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua neerlandesa
lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1183 Editar o valor en Wikidata
Disolución1 de outubro de 1795 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porPrimeira República Francesa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX459132

O Ducado de Brabante[1] foi un antigo ducado situado entre os Países Baixos e Bélxica. Estendíase polas actuais provincias belgas de Brabante Flamengo, Brabante Valón, Anveres e a Rexión de Bruxelas-Capital e a provincia neerlandesa de Brabante do Norte.

Na época romana, Brabante estaba repartido entre as provincias romanas de Gallia Belgica e Xermania Inferior e habitada por tribos celtas até que pobos xermánicos os substituíron e terminaron co Imperio romano.

As principais cidades do ducado foron Bruxelas, Anveres, Lovaina, Breda, Tilburg, Lier, Den Bosch e Eindhoven.

O nome da rexión (e do ducado) provén do ducado carolinxio de pagus Bracbatensis, situado entre os ríos Escalda e Dijle, e que á súa vez deriva das palabras Bracha (Novo) e Bant (Rexión).

O ducado tivo como antecesor o condado de Brabante (Landgraviato), que foi creado como un feudo dentro do ducado de Lotarinxia, e máis especificamente, no da Baixa Lotarinxia desde a partición do ducado en 959. Polo tanto, formaba parte da Francia Media, e a súa orixe estivo no Sacro Imperio Romano Xermánico. O feudo imperial foi concedido ao conde Henrique III de Lovaina contra os anos 1085 ou 1086, tras a morte do anterior margrave de Brabante, o conde do Palatinado Hermann II de Lotarinxia.

Formalmente, o ducado creouse como un título hereditario por Frederico I Barbarroxa en 1183-1184 en favor de Henrique I de Brabante, fillo de Godofredo III de Lovaina, duque da Baixa Lotarinxia. Aínda que a extensión do territorio do ducado era pequena, quedando comprendido entre os ríos Dender e Senne, situado ao oeste de Bruxelas, o nome do ducado empregouse para referirse a todas as posesións dos duques a partir do século XIII.

En 1190, Henrique I de Brabante pasou a ser tamén duque da Baixa Lotarinxia despois da morte de Godofredo III, título que practicamente non tiña autoridade territorial. De acordo co protocolo, todos os seus sucesores chamáronse a partir de entón duques de Brabante e da Baixa Lotarinxia, coñecidos posteriormente como duques de Lothier.

Tras a batalla de Worringen, acaecida en 1288, os duques de Brabante obtiveron o ducado de Limburgo. En 1354, o duque Xoán III de Brabante instituíu o cargo do Blijde Inkomst. En 1430, os ducados de Lotarinxia, Brabante e Limburgo foron herdados por Filipe III de Borgoña. En 1477 os títulos pasaron á casa de Habsburgo a través de María de Borgoña. A historia posterior do ducado é parte da historia dos Países Baixos ou as Dezasete Provincias.

As provincias do norte do ducado lograron a independencia dos Habsburgo españois na guerra dos Oitenta Anos (1568-1648). Tras a Paz de Westfalia en 1648, confirmouse a independencia das Provincias Unidas, quedando baixo control neerlandés a parte norte de Brabante, que pasaría a ser unha das Terras da Xeneralidade co nome de Staats-Brabant, o que actualmente é a provincia de Brabante do Norte nos Países Baixos.

A parte sur continuou en mans dos Habsburgo como parte dos Países Baixos españois. Estes pasaron á rama austríaca dos Habsburgo en 1714, (Países Baixos austríacos) como consecuencia da Tratado de Utrecht.

O ducado foi disolvido en 1795 durante a ocupación francesa, e o seu territorio foi reorganizado en departamentos.

Galería de mapas

[editar | editar a fonte]
  1. Brabante é o nome da rexión histórica, hoxe dividida entre os Países Baixos e Bélxica. Ver entrada de «Oss». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1530. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]