Saltar ao contido

Francisco Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Cerviño

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
NaiDaría González García Editar o valor en Wikidata

BUSC: cervino-gonzalez-francisco-1945 Dialnet: 1272734

Francisco Xulio Cerviño González, tamén coñecido como Tuco Cerviño,[1] nado en Pontevedra o 24 de maio de 1945, é un médico e político galego, membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e medicina na Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente fixo a especialidade en nefroloxía no Hospital Puerta de Hierro (Madrid) para incorporarse máis tarde ó Complexo Hospitalario da Coruña, onde despois desempeñou labores de xestión como director do centro (1986-1991), posto que deixou para exercer a mesma función no Hospital Gregorio Marañón (Madrid). Activo na política dende os seus tempos de estudante universitario, participou activamente durante este período en contra da ditadura franquista, militou na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), a Asemblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990.[3] Militante do PSdeG desde 1995 foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Oleiros, concelleiro en Oleiros (1995-2003), vicesecretario xeral do PSdeG (1998-2000), deputado no Parlamento de Galicia en catro lexislaturas e presidente da comisión de estudo parlamentaria para a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.[4]

Ten publicado artigos en El País e La Voz de Galicia.[5]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: t". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-07-05. 
  2. Membros correspondentes da RAG
  3. "Cerviño González, Francisco Xulio". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-07-05. 
  4. "Cerviño, Tuco". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-05. 
  5. "Cerviño González, Francisco Julio". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). 2016-05-19. Consultado o 2023-07-05. 
  6. "Un taxi verde e un concerto". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-05. 
  7. Noia, Camino (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Círculos do destino e da formación do Eu". Grial LXII (241): 93,94. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]