Leandro N. Alem
Nome orixinal | (es) Leandro A. Alem |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de marzo de 1842 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1 de xullo de 1896 (54 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Mausoleum of the Fallen in the Revolution of 1890 (en) |
Senador da Arxentina | |
8 de xuño de 1893 – 8 de xuño de 1893 Circunscrición electoral: Buenos Aires | |
Senador da Arxentina | |
19 de maio de 1891 – 30 de abril de 1892 Circunscrición electoral: Buenos Aires | |
Deputado da Arxentina | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | político, estadista |
Partido político | Partido Federal (pt) União Cívica Radical (pt) |
Familia | |
Pai | Leandro Antonio Alen |
Leandro N. Alem, nado en Buenos Aires o 11 de marzo de 1842 e finado ibídem o 1 de xullo de 1896,[1] foi un avogado, político, revolucionario, estadista e masón arxentino, destacado por fundar a Unión Cívica Radical e liderar dúas insurreccións armadas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bautizado como Leandro Alen, el mesmo modificou o seu apelido de mozo, substituíndo o n final por un m. Tradicionalmente o seu nome foi escrito como Leandro N. Alem e, nalgúns casos, como Leandro Nicéforo Alem, aínda que o seu segundo nome é obxecto de debate entre os historiadores.[2][3][4][5] Comezou na política dende o Partido Autonomista de Adolfo Alsina, polo cal sería deputado provincial en dúas ocasións. Tamén foi deputado nacional polo Partido Republicano.
En 1890 foi un dos fundadores da Unión Cívica e xefe político da errada Revolución do Parque, contra o réxime fraudulento do PAN. En 1891 liderou o sector da Unión Cívica que fundou a Unión Cívica Radical. En 1893 liderou unha segunda insurrección armada, que volveu ser derrotada.
Nas eleccións lexislativas de 1895 foi elixido deputado nacional. O 1 de xullo de 1896 suicidouse, logo de escribir un soado testamento político.
Chegou a ser Gran Mestre da Gran Loxa de Libres e Aceptados Masóns da República Arxentina.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bautismo, Ntra Sra de Balvanera, Ciudad de Buenos Aires, L2 F122
- ↑ Yunque, Álvaro (1946). Alem, el hombre de la multitud. Buenos Aires: Claridad. pp. 10–12.
Leandro foi bautizado en Balvanera o 7 de abril de 1842. Dionisio Farías e Felisa Pérez foron os seus padriños. Na acta non figura ese segundo nome, Nicéforo, que moitos dos seus biógrafos aceptan. Alem, que modificou o seu apelido sendo moi novo,... asinaba tamén Ln. Alem. (Hai tarxetas del así impresas.) Nunha ocasión o seu médico e correlixionario Martín Torino, preguntoulle que significaba ese n minúsculo xunto ó L inicial. E respondeulle: 'Quere dicir nada'. Porén debo engadir que en oportunidade do casamento do seu fillo Leandro con Justa César Hillner, por ser ambos menores de idade, debeu outorgar o seu consentimento e, ó asinar a acta número 0044, labrada o 2 de marzo de 1896, fíxoo asentando os seus nomes deste xeito: Leandro Nicéforo Alem. Esta acta está na cuarta sección do rexistro Civil.
- ↑ Cabral 1967, pp. 42-43.
- ↑ Balmaceda, Daniel (2015). "La 'N' de Leandro N. Alem". Espadas y corazones: El costado humano de la historia argentina. Buenos Aires: Sudamericana. ISBN 9789500754262.
- ↑ Mazo, Gabriel del (1955). El Radicalismo.
- ↑ "logiakorn.com.ar". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.