Saltar ao contido

Leandro N. Alem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de outubro de 2023 ás 14:48 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Notas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaLeandro N. Alem

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Leandro A. Alem Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1842 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1896 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleum of the Fallen in the Revolution of 1890 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Senador da Arxentina
8 de xuño de 1893 – 8 de xuño de 1893
Circunscrición electoral: Buenos Aires
Senador da Arxentina
19 de maio de 1891 – 30 de abril de 1892
Circunscrición electoral: Buenos Aires
Deputado da Arxentina
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, estadista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Federal (pt) Traducir
União Cívica Radical (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLeandro Antonio Alen Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1488412 Find a Grave: 7013411 Editar o valor en Wikidata

Leandro N. Alem, nado en Buenos Aires o 11 de marzo de 1842 e finado ibídem o 1 de xullo de 1896,[1] foi un avogado, político, revolucionario, estadista e masón arxentino, destacado por fundar a Unión Cívica Radical e liderar dúas insurreccións armadas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bautizado como Leandro Alen, el mesmo modificou o seu apelido de mozo, substituíndo o n final por un m. Tradicionalmente o seu nome foi escrito como Leandro N. Alem e, nalgúns casos, como Leandro Nicéforo Alem, aínda que o seu segundo nome é obxecto de debate entre os historiadores.[2][3][4][5] Comezou na política dende o Partido Autonomista de Adolfo Alsina, polo cal sería deputado provincial en dúas ocasións. Tamén foi deputado nacional polo Partido Republicano.

En 1890 foi un dos fundadores da Unión Cívica e xefe político da errada Revolución do Parque, contra o réxime fraudulento do PAN. En 1891 liderou o sector da Unión Cívica que fundou a Unión Cívica Radical. En 1893 liderou unha segunda insurrección armada, que volveu ser derrotada.

Nas eleccións lexislativas de 1895 foi elixido deputado nacional. O 1 de xullo de 1896 suicidouse, logo de escribir un soado testamento político.

Chegou a ser Gran Mestre da Gran Loxa de Libres e Aceptados Masóns da República Arxentina.[6]

  1. Bautismo, Ntra Sra de Balvanera, Ciudad de Buenos Aires, L2 F122
  2. Yunque, Álvaro (1946). Alem, el hombre de la multitud. Buenos Aires: Claridad. pp. 10–12. Leandro foi bautizado en Balvanera o 7 de abril de 1842. Dionisio Farías e Felisa Pérez foron os seus padriños. Na acta non figura ese segundo nome, Nicéforo, que moitos dos seus biógrafos aceptan. Alem, que modificou o seu apelido sendo moi novo,... asinaba tamén Ln. Alem. (Hai tarxetas del así impresas.) Nunha ocasión o seu médico e correlixionario Martín Torino, preguntoulle que significaba ese n minúsculo xunto ó L inicial. E respondeulle: 'Quere dicir nada'. Porén debo engadir que en oportunidade do casamento do seu fillo Leandro con Justa César Hillner, por ser ambos menores de idade, debeu outorgar o seu consentimento e, ó asinar a acta número 0044, labrada o 2 de marzo de 1896, fíxoo asentando os seus nomes deste xeito: Leandro Nicéforo Alem. Esta acta está na cuarta sección do rexistro Civil. 
  3. Cabral 1967, pp. 42-43.
  4. Balmaceda, Daniel (2015). "La 'N' de Leandro N. Alem". Espadas y corazones: El costado humano de la historia argentina. Buenos Aires: Sudamericana. ISBN 9789500754262. 
  5. Mazo, Gabriel del (1955). El Radicalismo. 
  6. "logiakorn.com.ar". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.