Saltar ao contido

Los Angeles Galaxy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de agosto de 2015 ás 13:09 por Banjo (conversa | contribucións)
Los Angeles Galaxy
NomeLos Angeles Galaxy
Fundación1995
EstadioThe Home Depot Center,
Carston, California
Estados Unidos
Inauguración2003
Capacidade27.000
Propietario AEG
Presidente Philip Anschutz
Adestrador Bruce Arena
LigaMajor League Soccer
2012Oeste: 3º
Global: 5º
Playoffs: Semifinais
Na rede
http://www.lagalaxy.com/
Facebook: lagalaxy Twitter: lagalaxy Instagram: lagalaxy Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Foi fundado en 1995 e xoga na MLS (Major League Soccer) dos Estados Unidos. O LA Galaxy xoga no StubHub Center en Carston, California. Compartía estadio co xa desaparecido Chivas USA. O equipo xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer.

Historia

Primeiros pasos:

Los Angeles Galaxy foron un dos dez equipos que fundaron a Major League Soccer que comezou a xogarse no ano 1996. Na súa primeira tempada o equipo quedou primeiro na liga regular na Conferencia Oeste, e chegou a final da MLS Cup perdendoa fronte o D.C. United. Na seguinte tempada, acabaron segundos na fase regular e eliminados na primeira ronda dos playoffs. Tanto no ano 1998 como no 1999 quedou primeiro na fase regular. No ano 1999 volveu a chegar a final e volveuna a perder fronte o D.C. United.

Comezan os títulos:

No ano 2000 logran gañar o seu primeiro e único titulo internacional ata hoxe, a Copa de Campións da CONCACAF obtida fronte ao Olimpia de Fonduras.Os seus dous primeiros titulos da MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution.

A chegada de estrelas internacionais:

O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.

No ano 2009 lograron chegar de novo a MLS Cup perdendo nos penaltis(5-4) fronte o Real Salt Lake. Nos anos 2010 e 2011 gañaron a MLS Supporters' Shield, no 2011 tamén lograron gañar a MLS Cup por terceira vez na súa historia. O ano 2012 foi un ano importante para o equipo californiano xa que volveu a gañar a MLS Cup, como o ano anterior fronte o Houston Dynamo, e ademáis foi o ano da despedida de David Beckham do clube, xa que decidiu marchar ao PSG francés. Despois da saídado inglés, anunciouse a chegada doutra estrela, o internacional irlandés Robbie Keane. Los Angeles Galaxy conseguiron a súa quinta MLS Cup no ano 2014, e como xa o fixera nas dúas primeiras fronte o New England Revolution.

No ano 2014 anunciouse a firma para a seguinte tempada do capitán do Liverpool, Steven Gerrard.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta ouro cunha franxa verde, pantalón verde, medias ouro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha franxa ouro, pantalón branco, medias brancas.

Xogadores

Cadro Actual

Posto País Xogador
0 POR Steve Cronin
1 POR Joe Cannon
2 DEF Mike Randolph
3 DEF Ty Harden
4 MED Ante Jazic
5 DEF Chris Albright
8 MED Peter Vagenas
9 DEL Gavin Glinton
10 DEL Landon Donovan
11 DEL Nate Jaqua
12 DEF Troy Roberts
13 MED Cobi Jones
Posto País Xogador
14 DEF Tyrone Marshall
15 MED Quavas Kirk
16 DEF Kyle Veris
18 MED Kyle Martino
19 MED Josh Tudela
20 DEL Robbie Findley
21 DEL Alan Gordon
24 DEF Nathan Sturgis
25 DEL Santino Quaranta
35 POR Lance Friesz
-- DEF Shavar Thomas

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos internacionais

Véxase tamén

Ligazóns externas