Aeroporto de Hong Kong
Aeroporto Internacional de Hong Kong 香港國際機場
Chek Lap Kok Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Airport Authority Hong Kong | ||
Cidade/Illa | Hong Kong | ||
Localización | Chek Lap Kok | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 28 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07R/25L | 3 800 | 12 467 | asfalto |
07L/25R | 3 800 | 12 467 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 70 502 000 |
O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.
O aeroporto vén sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior da China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros.[1] O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).
O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines.[2] É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.
HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe.[3] No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.[4]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hong Kong Airport (ed.). "Welcome to HKIA". Consultado o 17 de novembro de 2017.
- ↑ UPS (ed.). "UPS Air Operations Facts". Archived from the original on 12 de maio de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2017.
- ↑ Airports Council International (ed.). "Year to date Passenger Traffic". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 17 de novembro de 2017.
- ↑ Bloomberg (ed.). "Cathay Pacific, Hong Kong Airport Become Biggest for Freight". Archived from the original on 17 de abril de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air China adds Yuncheng - Hong Kong seasonal service from July 2017". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Cambodia Angkor Air adds Hong Kong flights form Oct 2017". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Cathay Dragon resumes Tokyo Haneda service in March 2018". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ The Financial (ed.). "Cathay Pacific increases services to Barcelona, Tel Aviv and Fukuoka". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Cathay Pacific (ed.). "Introducing four weekly flights to Brussels". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Cathay Pacific (ed.). "Introducing four weekly flights to Dublin". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ http://www.scoop.co.nz/stories/BU1702/S00924/air-new-zealand-and-cathay-pacific-extend-alliance.htm
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "Hong Kong Airlines schedules Ho Chi Minh July 2017 launch". routesonline. Consultado o 26 April 2017.
- ↑ "Hong Kong Airlines proposes A350 Los Angeles launch in Dec 2017". routesonline. Consultado o 2 July 2017.
- ↑ "Hong Kong Airlines files preliminary San Francisco schedule in S18". Routesonline. Consultado o 2017-10-24.
- ↑ "Hong Kong Airlines files Vancouver schedule in S17". routesonline. Consultado o 28 November 2016.
- ↑ "HK Express adds Kumamoto service from Nov 2017". routesonline. Consultado o 13 October 2017.
- ↑ "Shenzhen Airlines adds Wuxi – Hong Kong service in W17". routesonline. Consultado o 21 September 2017.
- ↑ "Virgin Australia to fly Melbourne-Hong Kong from July". Australia Aviation. Consultado o 21 March 2017.
- ↑ "2013 summer schedule". Aero Logic. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 13 August 2013.
- ↑ Airlines, Ethiopian AirlinesEthiopian. "Page not found - Fly Ethiopian". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 20 June 2016.
- ↑ "Ethiopian moves ‘DHL’ flights to Maastricht". 27 October 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 20 June 2016.
- ↑ "Destinations and Route Maps". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 26 June 2018.
- ↑ "Hong Kong Airlines Cargo". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 10 May 2015.
- ↑ British Airways axes B747-8(F) contract with Atlas Air. ch-aviation.com. Retrieved on 16 May 2014.
- ↑ "Welcome to Qantas Freight". Consultado o 10 May 2015.
- ↑ 顺丰开通厦门—香港—宁波—香港—厦门航线
- ↑ "Welcome to SIA Cargo - E timetables". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 10 May 2015.
- ↑ "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2017.