Saltar ao contido

Airbus A310 MRTT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus A310 MRTT
Tiporepostaxe en voo/transporte
FabricanteEADS/Airbus
Primeiro voodecembro do 2003
Estadoservizo
Principais usuariosLuftwaffe
Unidades construídas6

O Airbus A310 Multi Role Tanker Transport (MRTT) é un avión de repostaxe en voo baseado na aeronave de pasaxeiros civil Airbus A310. Anteriormente, o A310 operou tamén como un avión de transporte puro.

A Luftwaffe converteuse no principal usuario do MRTT, convertendo catro dos seus sete A310. A Real Forza Aérea canadense converteu dous dos seus cinco A310 a configuración MRTT, que son coñecidos como CC-150 Polaris.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O A310 Multi Role Tanker Transport (MRTT) é un derivado militar do avión de pasaxeiros Airbus A310. Está deseñado para os roles de avión de reabastecemento en voo e transporte de carga. O aparello está fabricado e modificado por Airbus. A conversión implica:

  • A instalación de dous vainas de repostaxe aérea, unha baixo cada á.
  • Catro tanques de combustible adicionais (con 28 000 kg extra), dándolle unha capacidade total de case 78 000 kg.
  • Unha estación para o operador de combustible para controlar a descarga, as cámaras, as radios militares e a iluminación exterior. Para o MRTT tivo que desenvolverse un sistema de vídeo remoto de vixilancia de aproximación/proceso de reabastecemento con capacidade de visión nocturna. Este sistema (desenvolvido por unha pequena compañía alemá chamada FTI group) permite a operación tanto con luz visible como con radiación infravermella próxima. O monitor de repostaxe foi integrado no ano 2008
  • Ás e chan do avión reforzados.
  • Modificacións menores na cabina de mando.

O deseño das vainas, dos reforzos das ás e dos sistemas foi subcontratado a ITD SA, na época parte do ITP Group.

A Luftwaffe foi o primeiro cliente do MRTT, convertendo catro dos seus sete A310. A Real Forza Aérea do Canadá converteu dous dos seus cinco A310, que son coñecidos como CC-150 Polaris no servizo canadense, á configuración MRTT.

Mentres que os presentes MRTT baseábanse no sistema de reabastecemento de sonda cesta, EADS investíu 90 millóns de dólares en investigar e desenvolver un sistema de repostaxe de pértiga como o usado pola USAF. Agora Airbus pode ofrecer dendo os A310 con vainas de repostaxe ata o máia grande A330 MRTT equipado con pértigas.

Un A310 MRTT é algo máis pequeno que o A330 MRTT. Dado que a produción do A310 interrompeuse, só se pode facer unha conversión en avións de pasaxeiros remodelados, ou como unha actualización dun A310 xa usado por forzas aéreas (a opción escollida por Alemaña e o Canadá). Como avión de repostaxe en voo ten unha capacidade de combustible semellante ao do KC-135R. Debido á súa cabina máis grande é moito máis flexible, ofrecendo unha boa capacidade para carga, transporte de tropas, transporte VIP ou outros usos, e fáltalle só a capacidade de aterrar en pistas pouco preparadas para ser cualificado como un transporte estratéxico. Airbus agarda vendelo nalgúns dos países que necesitan susbstituír os Boeing 707 usados como avión de reabastecemento.

O primeiro uso operacional coa Luftwaffe alemá tivo lugar o 4 de febreiro de 2009, cando tres Eurofighter Typhoon alemáns foron reabastecidos por un A310 MRTT durante o seu despregue dende a base de Laage, en Rostock ata a base de Yelahanka, en Bangalore.

Paquistán tamén pediu a capacidade MRTT nun A310, aínda que o avión xa non se fabrica.