Saltar ao contido

Alerxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alerxia
Clasificación e recursos externos
A urticaria é un síntoma común da alerxia.
ICD-10T78.4
ICD-9995.3
DiseasesDB33481
MedlinePlus000812
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A alerxia (do grego: αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico.[1] A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:[2]

  1. Inmediatas: Caracterízanse por unha resposta rápida do sistema inmunitario, mediada por anticorpos IgE. Exemplos deste tipo son as alerxias a certos alimentos, pole, picadas de insectos ou mordedura de cobras. A gravidade da reacción non só depende da sensibilidade alérxica da persoa, senón tamén da cantidade e tipo de veleno inxectado. As mordeduras de serpes velenosas son sempre casos de urxencia médica, independentemente de se a persoa ten ou non unha alerxia coñecida ao veleno.
  2. Citotóxicas: Estas alerxias ocorren cando os anticorpos atacan as células do propio corpo, podendo afectar a varios tecidos e órganos.
  3. De complexos inmunes: Prodúcense cando os anticorpos reaccionan con antíxenos formando complexos que se depositan en diferentes partes do corpo, provocando inflamación.
  4. Retardadas: Este tipo de alerxia non é mediada por anticorpos, senón por células do sistema inmunitario, e a resposta pode tardar varios días en manifestarse.

Cada un destes tipos pode presentarse con distintos graos de severidade. As alerxias alimentarias, por exemplo, afectan aproximadamente a un de cada dez menores en idade escolar e poden variar en intensidade, dende reaccións leves, como erupcións cutáneas ou malestar dixestivo, até casos graves que poden desencadear un shock anafiláctico e requiren atención médica inmediata.[3]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Entre os tratamentos para aliviar os síntomas das alerxias, a cetirizina, un antihistamínico de segunda xeración, é comunmente empregada para reducir os efectos da histamina no corpo.[4] Outros antihistamínicos como a loratadina e fexofenadina, tamén son eficaces para controlar a rinorrea, o proído e os espirros, con menos efectos secundarios que os antihistamínicos de primeira xeración como a difenhidramina.[5]

En casos de alerxias moderadas a graves, poden empregarse corticosteroides nasais para reducir a inflamación nasal.[6] Para as reaccións alérxicas cutáneas, poden ser útiles cremas con corticosteroides ou emolientes.[7] No caso de alerxias graves, como a anafilaxe, é fundamental a administración inmediata de epinefrina e a atención médica urxente.[8][9] A inmunoterapia, un tratamento a longo prazo que implica a exposición controlada a alérxenos, tamén pode ser considerada para reducir a sensibilidade do sistema inmunitario a determinados alérxenos.[10]

  1. Diciopedia do século 21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.
  2. Gell PGH, Coombs RRA, eds. Clinical Aspects of Immunology. 1ª ed. Oxford, Inglaterra: Blackwell; 1963.
  3. "Alerxias desde o berce". Revista Consumer. Consultado o 2023-12-26. 
  4. Os antihistamínicos de segunda xeración diferéncianse dos fármacos de primeira xeración por causaren menos somnolencia e seren máis específicos no tratamento dos síntomas alérxicos.
  5. Van Cauwenberge, P.; Juniper, E. F. (2000-06). "Comparison of the efficacy, safety and quality of life provided by fexofenadine hydrochloride 120 mg, loratadine 10 mg and placebo administered once daily for the treatment of seasonal allergic rhinitis". Clinical and Experimental Allergy: Journal of the British Society for Allergy and Clinical Immunology 30 (6): 891–899. ISSN 0954-7894. PMID 10848909. doi:10.1046/j.1365-2222.2000.00914.x. 
  6. Pinar, Ercan; Eryigit, Ozge; Oncel, Semih; Calli, Caglar; Yilmaz, Ozge; Yuksel, Hasan (2008-03). "Efficacy of nasal corticosteroids alone or combined with antihistamines or montelukast in treatment of allergic rhinitis". Auris, Nasus, Larynx 35 (1): 61–66. ISSN 0385-8146. PMID 17826020. doi:10.1016/j.anl.2007.06.004. 
  7. Mehta, Aayushi B.; Nadkarni, Nitin J.; Patil, Sharmila P.; Godse, Kiran V.; Gautam, Manjyot; Agarwal, Shweta (2016). "Topical corticosteroids in dermatology". Indian Journal of Dermatology, Venereology and Leprology 82 (4): 371–378. ISSN 0973-3922. PMID 27279294. doi:10.4103/0378-6323.178903. 
  8. Brown, Julie C.; Simons, Elinor; Rudders, Susan A. (2020-04-01). "Epinephrine in the Management of Anaphylaxis". The Journal of Allergy and Clinical Immunology: In Practice 8 (4): 1186–1195. ISSN 2213-2198. doi:10.1016/j.jaip.2019.12.015. 
  9. "Recomendacións para a Resucitación do Consello Europeo de Resucitación (ERC, 2015); Sección 1: resumo executivo" (PDF). CERCP.org. Consultado o 26 de decembro de 2023. 
  10. Calderon, Moisés A.; Waserman, Susan; Bernstein, David I.; Demoly, Pascal; Douglass, Jo; Gagnon, Remi; Katelaris, Constance H.; Kim, Harold; Nelson, Harold S. (2020-10-01). "Clinical Practice of Allergen Immunotherapy for Allergic Rhinoconjunctivitis and Asthma: An Expert Panel Report". The Journal of Allergy and Clinical Immunology: In Practice 8 (9): 2920–2936.e1. ISSN 2213-2198. doi:10.1016/j.jaip.2020.04.071. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]