Saltar ao contido

Alfonso Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Álvarez Cáccamo
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 2024 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Maxisterio
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, poesía
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMaría, Xavier e Manuel Editar o valor en Wikidata
PaiXosé María Álvarez Blázquez Editar o valor en Wikidata
IrmánsXosé María Álvarez Cáccamo
Berta Álvarez Cáccamo
Celso Álvarez Cáccamo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX944046 Bitraga: 1348 AELG: 3 BUSC: alvarez-caccamo-alfonso-1952

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 2024,[1] foi un escritor e profesor galego.[2][3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego) e irmán de Berta, Xose María e Celso Álvarez Cáccamo, fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Exerceu de profesor en Panxón (Nigrán) ata a súa xubilación en 2011.[6] Foi membro da Fundación Álvaro Cunqueiro, da Fundación Inés Ollero e do Instituto de Estudos Miñoráns. Ten escrito preto de 200 artigos na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra. Participou en diversas exposicións colectivas de pintura e foi membro do Consello de Redacción da revista humorística Xo! e da revista Gallaecia Norte-Sur.[7]

Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa recibiu múltiples premios, como o Premio de Novela Café de Catro a Catro (1988) por Peito de vimbio, o Xerais de novela (1990) por As baleas de Eduardo Reinoso , o Galaico-Leonés de Relatos (1990), o Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993) por Xente de mala morte, o Manuel García Barros de novela (1996) por O Espírito de Broustenac, o Modesto R. Figueiredo (1997) e o Manuel Murguía de narracións breves (1998).

Tamén escribiu dous libros de poesía a través da editorial Espiral Maior, Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009); e libros de varios relatos, así como dous ensaios sobre a figura do seu pai.[1]

Residente en Oia, faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro o 4 de marzo de 2024.

Xente de mala morte, de Alfonso Álvarez Cáccamo, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • Xosé Mª Álvarez Blázquez (1994). Ir Indo. 64 páxs.
  • X. M. Álvarez Blázquez, 1915-1985: unha fotobiografía (2008). Xerais. 184 páxs.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Voz e voto, 1991, Padroado Curros Enríquez.
  • Contos de nunca acabar, 1995, Aba Edicións.
  • Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
  • Abrir Vigo ó mar, 1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo, canda Casares, Garrido, Fernández del Riego, Fernández Freixanes et al.
  • E dixo o corvo, 1997, Xunta de Galicia.
  • Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[a]
  • Sede central-3. Relatos, 1997, Clube Cultural Adiante.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997), 1999, Ediciós do Castro.
  • Escolma de familia, 2000, Xerais.
  • Tecendo panos, 2000, Edicións Laiovento.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Poemas ao pai, 2008, Espiral Maior.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Na vila hai caras novas de Xosé María Álvarez Blázquez (1993). Ir Indo.
  • Enchen as augas de Xosé María Álvarez Blázquez (1995). Ir Indo.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Falece aos 71 anos o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo". Nós Diario. 4 de marzo de 2024. 
  2. "Ficha do autor". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 25/7/2020. 
  3. "Alfonso Álvarez Cáccamo". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Consultado o 25/7/2020. 
  4. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 25/7/2020. 
  5. "Alfonso Álvarez Cáccamo". Editorial Galaxia. Consultado o 25/7/2020. 
  6. "Alfonso Álvarez Cáccamo" (en castelán). 2020-04-06. 
  7. "Alfonso Álvarez Cáccamo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 25/7/2020. 
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  9. "El espíritu de Broustenac". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 26/10/2019. 
  10. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 25/7/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]