Bieito Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1957 (67 anos) Ourense, España |
Formación profesional | Historia |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa, poesía e ensaio |
Premios | |
| |
Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro de 1957, é un escritor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes, criouse en Quintián, Coles, cos avós.[3] E licenciado en Historia e exerceu de profesor de lingua e literatura galegas en Santiago de Compostela.[4] Colabora en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos. Traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Vento de seda (1992). Xerais. 144 páxs.
- A historia escríbese de noite (2001). Galaxia. 156 páxs. Sobre a prostitución en Galicia.
- A vida apoteósica (2001). Xerais. 160 páxs.
- Pan e coitelo (2008). Galaxia. 144 páxs. De tema policial.
- Guías caninos (2019). Aira.
- Unha gripe cabaluda (2024). Aira.
Relatos
[editar | editar a fonte]- Aventura en Nassau (1991). Xerais. 88 páxs.
- Miss Ourense (1994). Editorial Galaxia. 216 páxs. Catro relatos policíacos.
- Conta os latidos (relatos dunha hora) (1995). Nigra. 61 páxs.
- O mellor francés de Barcelona (1999) Galaxia. 264 páxs. Dez relatos. Traducida ao castelán, como El mejor francés de Barcelona, en Pulp Books, no 2010.
- Amor e música lixeira (2004) Galaxia.[5] 216 páxs. Andanzas sentimentais, amores platónicos e música lixeira.
- Contos da terra da tarde (2011). Galaxia. 316 páxs.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A noite das cabras do aire (1999). Xerais. 72 páxs.
Ensaio e artigos xornalísticos
[editar | editar a fonte]- Barcos a pique(2005). Universidade de Santiago de Compostela. 136 páxs.
- O que nada non afonda(2010). Amastra-N-Gallar.
- O ouro de Ourense (2015). Engaiolarte Edicións. 216 páxs. Fotograías de Xulio Gil.
Poesía
[editar | editar a fonte]- A última música das cousas (2014). PEN Clube de Galicia.
Traducións
[editar | editar a fonte]- As aventuras de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- Un estudo en escarlata, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- A face amarela: unha aventura de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- As memorias de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- O signo dos catro, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- O último adeus, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- O val do terror, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez.
- O arquivo de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1997. Con Manuel Vázquez.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990). Sotelo Blanco Edicións.
- Berra liberdade. Escritores galegos por Amnistía Internacional (1996). Galaxia. 212 páxs.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
- "O relato de Isadora Forxán", en Novo do trinque (1997) BNG.
- Palabras con fondo (2001). Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia.
- Longa lingua (2002). Xerais.
- Materia prima: relatos contemporáneos (2002.) Xerais.
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega.
- Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais.
- Contos da baiuca (2006). Espiral Maior.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II) (2006). Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
- Terras de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño (2008). La Voz de Galicia.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo no 1988, por Luanda.
- Premio Merlín no 1999, por A noite das cabras do aire.
- Premio García Barros de novela no 2001, por A historia escríbese de noite.
- Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2003, por Comentario ó Apocalipse, ex aequo con Paula San Vicente.
- Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo no 2004, por Barcos a pique.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria de xornalismo cultural no 2011, concedido en 2012.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Bajo las más bellas estrellas (1999). Algaida (Sevilla) (novela).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "Bieito Iglesias Araúxo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ "Bieito Iglesias". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23.
- ↑ Iglesias lendo un fragmento de Amor e música lixeira.