Saltar ao contido

Andrew Carnegie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrew Carnegie

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Dunfermline, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1919 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Lenox, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebroncopneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Sleepy Hollow Editar o valor en Wikidata
Reitor Universidade de Aberdeen
1911 – 1914
← Herbert Henry AsquithWinston Churchill → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPresbiterianismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropo, comerciante, emprendedor, escritor, industrial, magnate, economista, fabricante Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoPatriotismo, Filantropía e não-ntervencionismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLouise Whitfield Carnegie Editar o valor en Wikidata
FillosMargaret Carnegie Miller Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Carnegie Editar o valor en Wikidata  e Margaret Morrison Carnegie Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas M. Carnegie Editar o valor en Wikidata
ParentesGeorge Lauder, tío
George Lauder, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of American Library Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0138644 BNE: XX1237721 Musicbrainz: 00a93d87-65f5-478e-b639-b3749e858afc WikiTree: Carnegie-148 Find a Grave: 173 Editar o valor en Wikidata

Andrew Carnegie (|kɑːrˈneɪɡi| ou comunmente |ˈkɑːrnəɡi| ou |kɑrˈnɛɡi|), nado en Dumfernline o 25 de novembro de 1835 e finado en Lenox (Massachusetts o 11 de agosto de 1919, foi un industrial, magnate e filántropo escocés-estadounidense.

Carnegie liderou a expansión da industria do aceiro estadounidense a finais do século XIX e adoita ser identificado como unha das persoas máis ricas da historia.[1] Converteuse tamén no gran filántropo dos Estados Unidos e do imperio británico. Durante os últimos 18 anos da súa vida, entregou arredor de 350 millóns de dólares á caridade, fundacións e universidades, case o 90 por cento da súa fortuna.[2] O seu artigo de 1889 proclamando o "Evanxeo da Riqueza" chamou aos ricos a usar a súa riqueza para mellorar a sociedade e estimulou unha vaga de filantropía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carnegie naceu en Dunfermline, Escocia, e emigrou aos Estados Unidos cos seus pais en 1848. Carnegie comezou a traballar como telegrafista e na década de 1860 investira en ferrocarrís, vagóns liteira e guindastres derrick. Acumulou aínda máis riquezas como vendedor de bonos, incrementando os cartos para as empresas estadounidenses en Europa. Creou a Carnegie Steel Company en Pittsburgh, que vendeu a J. P. Morgan en 1901 por 303 450 000 dólares[3] e se converteu na U.S. Steel Corporation. Tras vender Carnegie Steel, superou a John D. Rockefeller como o estadounidense máis rico nos dous anos seguintes.

Carnegie dedicou o resto da súa vida á filantropía a grande escala, con énfase especial na biblioteca local, na paz mundial, na educación e na investigación científica. Coa súa fortuna lograda cos negocios, construíu o Carnegie Hall de Nova York e o Peace Palace e fundou Carnegie Corporation of New York, Carnegie Endowment for International Peace, Carnegie Institution for Science, Carnegie Trust for the Universities of Scotland, Carnegie Hero Fund, Carnegie Mellon University e Carnegie Museums of Pittsburgh, entre outras.

Controversias

[editar | editar a fonte]

Carnegie foi un dos máis de cincuenta membros do South Fork Fishing and Hunting Club, que foron culpados pola inundación de Johnstown que matou 2 209 persoas en 1889.[4]

A folga Homestead foi un sanguento conflito laboral que durou 143 días en 1892, un dos máis graves da historia dos Estados Unidos. O conflito centrouse na planta principal de Carnegie Steel en Homestead, Pensilvania, e creceu como unha disputa entre a Amalgamated Association of Iron and Steel Workers (AA) e a Carnegie Steel Company. Carnegie marchou a unha viaxe a Escocia antes de que o problema chegase ao máximo,[5] deixando a mediación da disputa en mans do seu socio Henry Clay Frick.

  1. listed at 372 billion 2014 USD by Jacob Davidson, time.com The 10 Richest People of All Time Arquivado 13 de abril de 2019 en Wayback Machine. "Rockefeller gets all the press, but Andrew Carnegie may be the richest American of all time. The Scottish immigrant sold his company, U.S. Steel, to J. P. Morgan for $480 million in 1901. That sum equates to slightly over 2.1 percent of U.S. GDP at the time, giving Carnegie an economic power equivalent to $372 billion in 2014."
  2. "Andrew Carnegie's Legacy". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  3. Hawke, David Freeman (1980). John D. The Founding Father of the Rockefellers. Harper & Row. p. 210. ISBN 978-0060118136. 
  4. Frank, Walter Smoter (maio de 1988). "The Cause of the Johnstown Flood". Civil Engineering: 63–66. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 06 de abril de 2019. 
  5. Autobiography, capítulo 17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bostaph, Samuel. (2015). Andrew Carnegie: An Economic Biography. Lexington Books, Lanham, MD. ISBN 978-0739189832; 125pp online review
  • Ewing, Heather. (2014). Life of a Mansion: The Story of Cooper Hewitt, Smithsonian Design Museum. Cooper Hewitt, Smithsonian Design Museum, Nova York. ISBN 978-0-910503-71-6
  • Goldin, Milton. "Andrew Carnegie and the Robber Baron Myth". In Myth America: A Historical Anthology, Volume II. 1997. Gerster, Patrick, e Cords, Nicholas. (editores.) Brandywine Press, St. James, NY. ISBN 1-881089-97-5
  • Hendrick, Burton Jesse/ The life of Andrew Carnegie (2 vol. 1933) vol 2 online; scholarly biography
  • Josephson; Matthew. (1938). The Robber Barons: The Great American Capitalists, 1861–1901 ISBN 99918-47-99-5
  • Krass, Peter. (2002). Carnegie Wiley. ISBN 0-471-38630-8
  • Lagemann, Ellen Condliffe (1992). The Politics of Knowledge: The Carnegie Corporation, Philanthropy, and Public Policy. U of Chicago Press. ISBN 9780226467801. 
  • Lester, Robert M. (1941). Forty Years of Carnegie Giving: A Summary of the Benefactions of Andrew Carnegie and of the Work of the Philanthropic Trusts Which He Created. C. Scribner's Sons, Nova York.
  • Livesay, Harold C. (1999). Andrew Carnegie and the Rise of Big Business, 2nd Edition. ISBN 0-321-43287-8 short biography by a scholar; online free
  • Lorenzen, Michael. (1999). "Deconstructing the Carnegie Libraries: The Sociological Reasons Behind Carnegie's Millions to Public Libraries". Illinois Libraries 81 (2): 75–78. 
  • Patterson, David S. "Andrew Carnegie's quest for world peace." Proceedings of the American Philosophical Society 114#5 (1970): 371-383. online
  • Rees, Jonathan. (1997). "Homestead in Context: Andrew Carnegie and the Decline of the Amalgamated Association of Iron and Steel Workers." Pennsylvania History 64(4): 509–533. ISSN 0031-4528
  • VanSlyck, Abigail A. "'The Utmost Amount of Effective Accommodation': Andrew Carnegie and the Reform of the American Library." Journal of the Society of Architectural Historians 1991 50(4): 359–383. ISSN 0037-9808 (Fulltext: in Jstor)
  • Wall, Joseph Frazier. Andrew Carnegie (1989). ISBN 0-8229-5904-6 (Along with Nasaw the most detailed scholarly biography) online free

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]