Saltar ao contido

Imperio Antigo de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antigo Reino»)
Modelo:Xeografía políticaImperio Antigo de Exipto

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°50′41″N 31°15′03″L / 29.844667, 31.250917Coordenadas: 29°50′41″N 31°15′03″L / 29.844667, 31.250917
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porPrimeiro Período Intermedio Editar o valor en Wikidata

O Imperio Antigo de Exipto, tamén chamado Reino Antigo, é o período da historia do Antigo Exipto que dura dende preto do 2700 ata o 2134 a. C. É o período no que se construíron as grandes pirámides e durante o que reinaron os faraóns da terceira a sexta dinastía.

Artigo principal: Historia antiga de Exipto.

A cidade máis poderosa deste período foi Menfis, a primeira capital do Exipto unido. Abidos, no norte, foi a primeira cidade funeraria, se ben máis tarde os faraóns preferiron Saqqara, preto da capital.

Terceira dinastía de Exipto

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Terceira dinastía de Exipto.

O Imperio Antigo iníciase coa terceira dinastía, cuxo segundo faraón, Zoser (2630 - 2611 a. C.), foi inmortalizado grazas ás impresionantes construcións realizadas baixo a dirección do seu primeiro funcionario Imhotep. Especialmente, a pirámide de Zoser de Saqqara, na que substituíu os ladrillos por pedra como elemento construtivo e introduciu as columnas (acaroadas).

Cuarta dinastía de Exipto

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cuarta dinastía de Exipto.
Pirámide de Queops.

A cuarta dinastía (2726 - 2563 a. C.) é a dos grandes construtores de pirámides. Os trazos típicos e esenciais deste tipo de sepultura real ficaron establecidos cunha das dúas que Snefru, o fundador da dinastía, fixo constituír en Dahshur: pirámide con cámara sepulcral escavada debaixo, na rocha; foxo arrodeándoa, templo funerario e templo exterior, unido ao río mediante unha canle pola que chegaba o barco funerario. Tres dos seus sucesores, Khufu (Queops), Quefrén e Menkaure (Micerinos) foron os construtores das grandes pirámides de Giza: Queops ergueu a Gran Pirámide; Quefrén, ademais da súa pirámide mandou esculpir a Esfinxe, e a terceira pirámide do complexo é a de Micerinos, que ficou inacabada debido á decadencia posterior. Queops foi descrito posteriormente como un tirano cruel que escravizou aos seus súbditos.

Quinta dinastía de Exipto

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Quinta dinastía de Exipto.

Durante a quinta dinastía (2563 - 2423 a. C.) deixouse de construír grandes pirámides. As tumbas señoriais son, pola contra, máis suntuosas que con anterioridade, constrúense en provincias e decóranse con escenas cotiás. Reviviuse o culto a Ra e á súa filla Hathor, en honra a quen se ergueron varios templos.

Sexta dinastía de Exipto

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sexta dinastía de Exipto.

A economía foise debilitando cos últimos reis da VI dinastía, como reflicte o tamaño cada vez menor das últimas pirámides de Saqqara e Abusir. O longo reinado de Pepi II (2278 - 2184 a. C.) contribuíu a agravar a situación provocada por sucesivas más colleitas e a debilidade dos seus últimos anos. Sucedeulle a primeira raíña de Exipto, Nitocris, que nada puido facer para impedir o declive.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.