Saltar ao contido

Argentière

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArgentière
Imaxe

Localización
Mapa
 45°59′02″N 6°55′38″L / 45.983944, 6.927231
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoAlta Savoia
Distritosarrondissement of Bonneville (en) Traducir
Cantóncanton of Chamonix-Mont-Blanc (en) Traducir
ComunaChamonix Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.252 m Editar o valor en Wikidata

Vista dunha casa de campo en Argentière
Glaciar de Argentière

Argentière é unha vila de esquí, excursionismo de montaña e alpinismo nos Alpes franceses, que forma parte da comuna de Chamonix. Está a 1.252 metros de altitude.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Argentière atópase preto da cabeceira do val de Chamonix, aproximadamente a 7 km de Chamonix. Está conectada por estrada con Suíza a través do porto de Col des Montets, e o de Col de la Forclaz para ir a Martigny no val do Ródano.

O glaciar de Argentière atópase ao sueste da aldea e únese na súa parte nordés pola Aiguille du Chardonnet, a Aiguille d'Argentière e o Tour Noir, e no suroeste pola Aiguille Verte, Les Droites e Les Courtes. Esta zona coñécese xeralmente como a conca de Argentière.