Saltar ao contido

Augusto César Lendoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAugusto César Lendoiro

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Augusto Joaquín César Lendoiro Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
1995 – 1999
← Salvador Fernández MoredaJosé Luis Torres Colomer →
Deputado no Congreso dos Deputados
28 de xuño de 1993 – 26 de setembro de 1995 – Hipólito Fariñas Sobrino →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Senador de España
1989 – 1990
Circunscrición electoral: A Coruña
Presidente do Deportivo da Coruña
17 de xuño de 1988 – 21 de xaneiro de 2014
← Luis Carlos Morato MiguelConstantino Fernández Pico → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3217201 BUSC: lendoiro-augusto-cesar-1947 Editar o valor en Wikidata
Escultura en Sada.

Joaquín Augusto César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ámbito deportivo

[editar | editar a fonte]

A súa relación co mundo do deporte comezou moi cedo. Cando tiña 15 anos xa foi presidente de Ural CF[1], un club de fútbol afeccionado da Coruña, e cofundou o Hockey Club Liceo da Coruña, co que gañou varios campionatos de España, de Europa e do Mundo.

Posteriormente foi presidente do Español de Santa Lucía, e en 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.

Na temporada 1991-92 o Deportivo volvía á Primeira División, categoría na que se mantivo ininterrompidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, estivo chea de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e gozando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).

Porén, a forte débeda acumulada polo club durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que houbera un forte sector crítico con Lendoiro que tentaba facer presión para que abandonara o seu posto.[Cómpre referencia]

O 22 de decembro de 2013 os accionistas non aprobaron as contas presentadas por Lendoiro por primeira vez nos seus 25 anos de mandato.[2] Dous días máis tarde anunciou que retiraba a súa candidatura ás eleccións da presidencia[3] e o 21 de xaneiro de 2014 foi relevado no cargo por Tino Fernández.[4]

En maio de 2014 foi nomeado embaixador da Liga de Fútbol Profesional polo seu presidente, Javier Tebas.[5]

Política

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saíu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (19891990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (19931995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.

  1. Perfil de Augusto César Lendoiro Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 21 de xullo de 2009, consultado o 18.9.09
  2. "La primera derrota de Lendoiro", artigo en ABC, 21 de decembro de 2013 (en castelán)
  3. "Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo" Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en La Información
  4. "Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo", artigo en ABC, 21 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  5. Javier "Tebas nombra a Lendoiro nuevo embajador de la LFP"; As, 8 de maio de 2014 (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1995−1999
Sucesor:
José Luis Torres Colomer
Predecesor:
Luis Carlos Morato
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1988−2014
Sucesor:
Tino Fernández