Augusto César Lendoiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Augusto Joaquín César Lendoiro 6 de xuño de 1945 (79 anos) Corcubión, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
1995 – 1999 ← Salvador Fernández Moreda – José Luis Torres Colomer → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
28 de xuño de 1993 – 26 de setembro de 1995 – Hipólito Fariñas Sobrino → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Senador de España | |
1989 – 1990 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Presidente do Deportivo da Coruña | |
17 de xuño de 1988 – 21 de xaneiro de 2014 ← Luis Carlos Morato Miguel – Constantino Fernández Pico → | |
Actividade | |
Ocupación | político, dirixente deportivo |
Partido político | Partido Popular |
Joaquín Augusto César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ámbito deportivo
[editar | editar a fonte]A súa relación co mundo do deporte comezou moi cedo. Cando tiña 15 anos xa foi presidente de Ural CF[1], un club de fútbol afeccionado da Coruña, e cofundou o Hockey Club Liceo da Coruña, co que gañou varios campionatos de España, de Europa e do Mundo.
Posteriormente foi presidente do Español de Santa Lucía, e en 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.
Na temporada 1991-92 o Deportivo volvía á Primeira División, categoría na que se mantivo ininterrompidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, estivo chea de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e gozando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).
Porén, a forte débeda acumulada polo club durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que houbera un forte sector crítico con Lendoiro que tentaba facer presión para que abandonara o seu posto.[Cómpre referencia]
O 22 de decembro de 2013 os accionistas non aprobaron as contas presentadas por Lendoiro por primeira vez nos seus 25 anos de mandato.[2] Dous días máis tarde anunciou que retiraba a súa candidatura ás eleccións da presidencia[3] e o 21 de xaneiro de 2014 foi relevado no cargo por Tino Fernández.[4]
En maio de 2014 foi nomeado embaixador da Liga de Fútbol Profesional polo seu presidente, Javier Tebas.[5]
Política
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saíu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (1989−1990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (1993−1995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil de Augusto César Lendoiro Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 21 de xullo de 2009, consultado o 18.9.09
- ↑ "La primera derrota de Lendoiro", artigo en ABC, 21 de decembro de 2013 (en castelán)
- ↑ "Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo" Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en La Información
- ↑ "Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo", artigo en ABC, 21 de xaneiro de 2014 (en castelán)
- ↑ Javier "Tebas nombra a Lendoiro nuevo embajador de la LFP"; As, 8 de maio de 2014 (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Predecesor: Salvador Fernández Moreda |
Presidente da Deputación da Coruña 1995−1999 |
Sucesor: José Luis Torres Colomer |
Predecesor: Luis Carlos Morato |
Presidente do Deportivo da Coruña 1988−2014 |
Sucesor: Tino Fernández |
- Nados en 1945
- Nados en Corcubión
- Presidentes da Deputación da Coruña
- Presidentes do Deportivo da Coruña
- Presidentes do HC Liceo da Coruña
- Senadores pola Coruña
- Políticos do PPdeG
- Concelleiros da Coruña
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Personalidades da empresa de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña