Bandeira de Burundi
Aparencia
Bandeira de Burundi | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 28 de xuño de 1967 |
Cores | Vermello branco Verde |
A bandeira de Burundi está composta por unha cruz de Santo André de cor branca dividindo a bandeira en catro áreas, sendo a superior e a inferior de cor vermella, e as laterais de cor verde. No centro da bandeira aparece un círculo branco que contén tres estrelas vermellas de seis puntas perfiladas en verde, que simbolizan os tres grupos étnicos maioritarios de Burundi: os hutus, os twa e os tutsis. Tamén simbolizan os tres elementos do lema nacional: unidade, traballo e progreso, que se poden ler no escudo de Burundi.[1]
Foi adoptada o 28 de xuño de 1967, e trocouse a proporción orixinal da bandeira, que era de 2:3, o 27 de setembro de 1982, pasando a ser de 3:5.
Significado das cores
[editar | editar a fonte]- Verde: simboliza a esperanza.
- Branco: simboliza a paz.
- Vermello: representa os que caeron na loita pola independencia.[1]
Antigas versións da bandeira
[editar | editar a fonte]-
Bandeira empregada dende o 1 de xullo de 1962 ao 28 de novembro de 1966. Contén un tambor no centro como símbolo da autoridade real.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Guide to the Flags of the World by Mauro Talocci, revised and updated by Whitney Smith (ISBN 0-688-01141-1), p. 153.