Bandeira de Namibia
Aparencia
Bandeira de Namibia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 21 de marzo de 1990 |
Cores | Azul Branco Vermello Verde Amarelo |
A bandeira de Namibia foi adoptada o 21 de marzo de 1990. É unha bandeira dividida en dúas metades (azul a superior e verde a inferior) por unha franxa de cor vermella e bordos brancos situada nunha das diagonais da bandeira. No cuadrante superior máis próximo ó mastro aparece representado o sol con doce puntas.
Foi deseñada por Frederick G. Brownell, quen tamén deseñou a actual Bandeira de Suráfrica.
As cores da bandeira adoptáronse da SWAPO, o movemento popular de liberación máis importante de Namibia. As cores azul, vermella e verde tamén son as máis importantes para a etnia maioritaria, os Ovambo.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de África do Suroeste Alemá.
-
Bandeira de África do suroeste baixo dominio surafricano do 31 de maio de 1928 ó 21 de marzo de 1990.
-
Bandeira da SWAPO.