Saltar ao contido

Benjamin Franklin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenjamin Franklin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1706 Editar o valor en Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 1790 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepleurite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Church, Filadelfia Editar o valor en Wikidata
Delegate to the United States Constitutional Convention (en) Traducir
25 de maio de 1787 – 17 de setembro de 1787
Circunscrición electoral: Pensilvania
Presidente do Consello Executivo Supremo de Pensilvania
18 de outubro de 1785 – 5 de novembro de 1788
← John DickinsonThomas Mifflin →
Embaixador dos Estados Unidos en Suecia
28 de setembro de 1782 – 3 de abril de 1783
← sen valor – Jonathan Russell →
Embaixador dos Estados Unidos en Francia
14 de setembro de 1778 – 17 de maio de 1785
← sen valor – Thomas Jefferson →
Director Xeral de Correos dos Estados Unidos
26 de xullo de 1775 – 7 de novembro de 1776
← sen valor – Richard Bache →
Voceiro da Cámara de Representantes de Pensilvania
maio de 1764 – outubro de 1764
← Isaac NorrisIsaac Norris →
Member of the Pennsylvania House of Representatives (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
Educaciónensino na casa
Boston Latin School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioSilence Dogood Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1754Congreso de Albany Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDeborah Read Franklin Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam Franklin, Francis Folger Franklin, Sarah Franklin Bache Editar o valor en Wikidata
PaisJosiah Franklin Editar o valor en Wikidata  e Abiah Folger Editar o valor en Wikidata
IrmánsJane Franklin Mecom
James Franklin Editar o valor en Wikidata
ParentesAnn Smith Franklin, cuñada Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Франклин Бенджамин)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX877138 Musicbrainz: ca5c6242-7ba8-4cc9-9c32-3bf4719e54c6 Discogs: 1148108 IMSLP: Category:Franklin,_Benjamin Allmusic: mn0001192412 WikiTree: Franklin-1 Find a Grave: 364 Editar o valor en Wikidata


Benjamin Franklin, nado en Boston o 17 de xaneiro de 1706 e finado en Filadelfia o 17 de abril de 1790, foi un editor, político, diplomático, científico e inventor estadounidense.

Como científico foi unha importante figura na historia da física polos seus descubrimentos e teorías en relación coa electricidade. Como político participou activamente no proceso de independencia dos Estados Unidos e foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Portada do Almanaque do Pobre Richard de 1739.

Benjamin Franklin foi o décimo quinto fillo dun total de dezasete irmáns (catro medio irmáns de pai e o resto irmáns de pai e nai). A súa formación limitouse a estudos básicos na South Grammar School, e só ata os dez anos (1714 - 1716). Primeiro traballou axudando ao seu pai na fábrica de candeas e xabóns da súa propiedade. Tras buscar satisfacción noutros oficios (mariño, carpinteiro, albanel, torneiro), aos doce anos empezou a traballar como aprendiz na imprenta do seu irmán, James Franklin. Por indicación deste, escribe as súas únicas poesías, "A traxedia do faro" e "Canto dun mariño cando se apreixou ao famoso Teach, tamén coñecido por Barbanegra o pirata".

Abandonou este xénero polas críticas do seu pai. Cando tiña 15 anos, o seu irmán fundou o New England Courant, considerado como o primeiro xornal realmente independente das colonias británicas. En devandito diario, Benjamin escribiu as súas primeiras obras, co seudónimo de Silence Dogood (entremetido silencioso). Con el escribe os seus primeiros artigos xornalísticos, de ton crítico coas autoridades da época.

En 1723 estableceuse en Filadelfia, pero en 1724, viaxou a Inglaterra para completar e acabar a súa formación como impresor na imprenta de Palmer. Alí, publica A Dissertation on liberty and necessity, pleasure and pain ( Disertación sobre a liberdade e a necesidade, sobre o pracer e a dor). Regresou a Filadelfia o 11 de outubro de 1726. Inicialmente traballou como administrativo para Denham. En 1727, tras recuperarse dunha pleurite, co-fundou o club intelectual Xunto, e ao ano seguinte estableceuse co seu socio Meredith na súa primeira imprenta propia.

En setembro de 1729 comprou o xornal The Pennsylvania Gazette, que publicou ata 1748. En 1730 contraeu matrimonio con Deborah Read, coa que tivo tres fillos, William (1731), Francis (1733) e Sarah (1743). Publicou ademais o Poor Richard's Almanack (1733 - 1757) e foi o encargado da emisión de papel moeda nas colonias británicas de América (1727).

Anverso do dólar Continental, deseñado por Benjamin Franklin

En 1731 participou na fundación da primeira biblioteca pública de Filadelfia, e ese mesmo ano adheriuse á masonería. En 1736 fundou a Union Fire Company, o primeiro corpo de bombeiros de Filadelfia. Tamén participou na fundación da Universidade de Pensilvania (1749) e o primeiro hospital da cidade. En 1763 dedícase a realizar viaxes a Nova Jersey, Nova York e Nova Inglaterra para estudar e mellorar o Servizo Postal dos Estados Unidos. Pasou case todo o seu derradeiro ano de vida encamado, enfermo novamente de pleurite. Con todo, non cesou nas súas actividades políticas durante ese período. Finalmente, morreu por agravamento da súa enfermidade en 1790, á idade de 84 anos.

Afortunadamente, temos moita información sobre a vida e os puntos de vista de Franklin, debido a que aos 40 anos comezou a escribir a súa autobiografía (supostamente para o seu fillo). Esta foi publicada a título póstumo co título de Mémoires de la vie privée de Benjamin Franklin, (A vida privada de Benjamin Franklin). A primeira edición viu a luz en París en marzo de 1791 (Mémoires de la vie privée de Benjamin Franklin, écrits par lui-même et adressés à son fils), menos dun ano logo da súa morte, e en 1793 estaba dispoñible a tradución ao inglés (The private life of the late Benjamin Franklin).

Obra científica

[editar | editar a fonte]
Experimento do papaventos, que o levou inventar o pararraios.

A súa afección polos temas científicos comezou a mediados de século, e coincidiu co comezo da súa actividade política. En 1743 é elixido presidente da Sociedade Filosófica Americana. Estivo claramente influenciado por científicos coetáneos como Isaac Newton ou Joseph Addison.

A partir de 1747 dedícase principalmente ao estudo dos fenómenos eléctricos. Enunciou o Principio de conservación da electricidade. Dos seus estudos nace a súa obra científica máis salientable, Experiments and Observations on electricity (Experimentos e observacións sobre electricidade). En 1752 leva a cabo en Filadelfia o seu famoso experimento co papaventos. Atou un papaventos con esqueleto de metal a un fío de seda, en cuxo extremo levaba unha chave tamén metálica. Facéndoa voar un día de tormenta, confirmou que a chave cargábase de electricidade, demostrando así que as nubes están cargadas de electricidade e os raios son descargas eléctricas. Grazas a este experimento creou o seu máis famoso invento, o pararraios. A partir de aí, instaláronse por todo o estado (había xa 400 en 1782), chegando a Europa na década dos '60. Presentou a teoría do fluído único para explicar os dous tipos de electricidade atmosférica, a positiva e a negativa, a partir da observación do comportamento das varillas de ámbar, ou do condutor eléctrico, entre outros.

Franklin foi un prolífico científico e inventor. Ademais do pararraios, inventou tamén o chamado forno de Franklin ou cheminea de Pensilvania (1744), metálico e máis seguro que as tradicionais chemineas; as lentes bifocais, para o seu propio uso; un humidificador para estufas e chemineas; un dos primeiros catéteres urinarios flexibles, para tratar os cálculos urinarios do seu irmán John; o contakilómetros, na súa etapa de traballo na Oficina Postal; as aletas de nadador, a harmónica de cristal... Estudou tamén as correntes oceánicas quentes da costa leste de Norteamérica e foi o primeiro en describir a Corrente do Golfo.

En 1756 foi elixido membro da prestixiosa Royal Society, e en 1772 a Academia das Ciencias de París designouno como un dos máis insignes científicos vivos non franceses.

Labor político

[editar | editar a fonte]

A súa primeira incursión na política tivo lugar en 1736, ano no que foi elixido membro da Asemblea Xeral de Filadelfia. En 1747 organizou a primeira milicia de voluntarios para defender Pensilvania e foi nomeado membro da comisión de negociación cos indios nativos en 1749.

Participou activamente no proceso de independencia dos Estados Unidos. Comezou realizando diversas viaxes a Londres, entre 1757 e 1775, como representante encargado de avogar polos intereses de Pensilvania. Chegou a intervir diante da Cámara dos Comúns en 1766.

Benjamin Franklin nos billetes estadounidenses de 100 dólares.

Influíu na redacción da Declaración de Independencia (1776), axudando a Thomas Jefferson e John Adams, e foise a Francia en busca de apoio para continuar a campaña contra as tropas británicas. Alí foi nomeado representante oficial estadounidense en 1775, asinou un tratado de comercio e cooperación (1778) e alcanzou o cargo de Ministro para Francia (1779).

Contribúe ao fin da Guerra de Independencia, coa sinatura do Tratado de Versalles (1783). A partir de aí, contribúe á redacción da Constitución dos Estados Unidos (1787). En 1785 foi elixido gobernador de Pensilvania, e dedicouse de cheo á construción da nación norteamericana. En 1787 comezou destacar a súa carreira como abolicionista e foi elixido presidente da Sociedade para Promover a Abolición da Escravitude, no inicio máis precoz dun longo proceso que desembocaría na Guerra de Secesión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Summers Gámez, Joaquín (10/2002). Franklin. Electricidad, periodismo y política. Madrid: Nivola Libros y Ediciones S.L. ISBN 84-95599-40-6. 
  • Franklin, Benjamin (07/2001). Autobiografía. León: Secretariado de Publicaciones y Medios Audiovisuales de la Universidad de León. ISBN 84-7719-945-0. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]