Bieito VII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Benedictus VII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 10 de xullo de 983 Roma, Italia |
135º Papa | |
outubro de 974 (Gregoriano) – 10 de xullo de 983 (Gregoriano) ← Bieito VI – Xoán XIV → | |
Cardeal | |
972 – | |
Bispo diocesano | |
968 – – Menco (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Sutri (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, bispo católico |
Outro | |
Título | Conde |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict VII. Enciclopedia de Otto |
Bieito VII, nado en Roma e finado o 10 de xullo do 983, foi Papa da Igrexa católica romana do 974 ao 983.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando Bieito VI morreu asasinado por orde do antipapa Bonifacio VII, este ocupou o trono de san Pedro durante un breve período de seis meses ata que o representante do emperador Odón II, o conde Sicco de Spoleto, o expulsou de Roma e impuxo como novo papa a Bieito VII.
Fillo de David, formaba parte da familia nobre dos Condes de Tusculum, e estaba relacionado con Alberico II e coa familia Crescenti. Bispo de Sutri no momento de ser escolleito, o novo papa convocou un concilio no que excomungou o antipapa Bonifacio VII, que se refuxiou en Constantinopla.
Bieito VII promoveu o monacato e as reformas eclesiásticas xunto con Odón II. Tamén consagrou o sacerdote Xaime, enviado a el polo pobo de Cartago "para axudar a pobre provincia de África". Visitou a cidade de Orvieto co seu sobriño, Filippo Alberici, que máis tarde se estableceu e converteuse en cónsul da cidade-estado en 1016. A familia Allberici viviu naquela cidade ata hoxe.
En marzo do 981, Bieito VII presidiu un sínodo na catedral de San Pedro que prohibiu a práctica da simonía, moi xeneralizada na Igrexa e que provocaba, entre outros efectos, incrementar os sacerdotes casados (posto que co matrimonio conseguían que os fillos lexítimos herdasen os beneficios e cargos comprados). O mes de setembro daquel ano, convocou un sínodo lateranense.
O Papa Bieito VII morreu en Roma o 10 de xullo do 983 pero foi enterrado en Xerusalén.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |