Honorio II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI San Martino in Pedriolo (Estados Pontificios) |
Morte | 20 de febreiro de 1130 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
163º Papa | |
28 de decembro de 1124 – 13 de febreiro de 1130 (Gregoriano) ← Calisto II – Inocencio II → | |
Cardeal bispo de Ostia list of bishops of Ostia (en) | |
1117 (Gregoriano) – 1124 (Gregoriano) ← Leão de Óstia (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Orde relixiosa | Ordem de Santo Agostinho (pt) |
Participou en | |
12 de decembro de 1124 | 1124 papal election (en) |
29 de xaneiro de 1119 | 1119 papal election (en) |
21 de xaneiro de 1118 | 1118 papal election (en) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Honorio II, nado co nome de Lamberto Scannabecchi en Fagnano en data ignota, e finado en Roma o 13 de febreiro de 1130, foi o 163º papa da Igrexa católica de 1124 a 1130.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1117 foi nomeado cardeal de Ostia por Xelasio II. Converteuse nun dos seus colaboradores máis achegados, acompañándoo a Francia cando o papa foi exiliado. Xa durante o papado de Calisto II actuou como legado papal e participou activamente nas negociacións que levarían á sinatura, en 1122, do Concordato de Worms que puxo fin á querela das investiduras.
Trala morte de Calisto II, a tradicional intromisión imperial nas eleccións papais desaparecera debido á inmediata morte do emperador Henrique V.
Con todo, esta favorable oportunidade non foi aproveitada pola Igrexa debido a que os cardeais estaban divididos en dúas faccións, apoiadas respectivamente polas familias Pierleoni e Frangipani, que levaron á elección de dous papas: Honorio II e Celestino II. O previsible cisma quedou abortado coa renuncia de Celestino II, sendo consagrado Honorio o 21 de decembro de 1124.
A súa primeira decisión foi a sucesión de Henrique V no trono do imperio Xermánico, pretendido por tres candidatos: Lotario, duque de Saxonia; Frederico, duque de Suabia, e Conrado, duque de Franconia. A elección estaba en mans dunha asemblea composta por sete príncipes electores, tres eclesiásticos e catro nobres entre os que se encontraban os tres candidatos ao trono; pero ao estaren os electores eclesiásticos influenciados polo Papa, Honorio era quen tiña a clave da elección. Decantouse polo duque de Saxonia, que en 1125 se converteu no rei xermano Lotario III, ao ser o candidato máis propenso a respectar o concordato de Worms.
En 1127, trala morte do duque Guillerme de Calabria e Apulia, opúxose nun primeiro momento a que o conde Roxerio II de Sicilia fose o seu sucesor, aínda que posteriormente viuse na obriga de recoñecelo.
Durante o seu pontificado Bernaldo de Claraval redactou a regra pola que se debería rexer a recentemente fundada Orde do Temple, sendo recoñecida oficialmente por Honorio no concilio de Troyes.
Combateu a herexía dos albixenses, para o cal convocou o concilio de Tolousse.
Honorio II morreu no convento de San Gregorio, onde se retirara ao sentirse enfermo. O seu corpo foi inhumado na Basílica de San Xoán de Letrán.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |