Blackburn Rovers F.C.
Blackburn Rovers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Blackburn Rovers Football Club | |||
Alcume(s) | Rovers, Blue and Whites, The Riversiders, The Mighty Blue & Whites | |||
Fundación | 1875 | |||
Estadio | Ewood Park, Blackburn, Inglaterra | |||
Inauguración | 1890 | |||
Capacidade | 31.367 | |||
Presidente | Steve Waggott | |||
Adestrador | Tony Mowbray | |||
Liga | Championship | |||
2018–19 | 15º | |||
Na rede | ||||
http://www.rovers.co.uk/ | ||||
| ||||
O Blackburn Rovers Football Club é un equipo de fútbol inglés da Premier League con sede na cidade de Blackburn, Lancashire. O club foi fundado en 1875, sendo un dos membros fundadores da Football League en 1888. É un dos únicos tres clubs ingleses que foi membro fundador tanto da Football League como da Premier League, xunto co Aston Villa e o Everton. En 1890 o Rovers trasladouse ao seu actual terreo de xogo como local, Ewood Park. Antes da formación da Premiership en 1992, a meirande parte dos éxitos do club eran anteriores a 1930, cando gañaran a liga e a FA Cup en varias ocasións. Con todo, un descenso en 1966 significou 26 tempadas seguidas fóra da máxima categoría do fútbol inglés.
En 1992 o Blackburn ascende á nova Premier League un ano despois de ser tomado polo barón do aceiro local Jack Walker, que fichou a Kenny Dalglish como adestrador con moito éxito, xa que en 1995, despois de gastar millóns en fichaxes como Alan Shearer ou Chris Sutton, gañan o campionato da Premier League. Porén, a ledicia non durou moito e o club descende de novo en 1999, regresando tan só dous anos despois, xusto despois da morte de Walker, permanecendo nesta categoría dende aquela. Durante esta época o equipo clasificouse á Copa da UEFA en catro ocasións: unha como campión de League Cup, dúas como sexto clasificado da Premier League e outra a través da Copa Intertoto. A temporada 2009-10 marcou a tempada número 70 do club na elite do fútbol inglés non consecutiva. O lema do club é a expresión latina: "Arte et labore", é dicir "Habilidade e traballo duro".
Historia
[editar | editar a fonte]O Blackburn Rovers foi fundado o 5 de novembro de 1875. En 1912 gañou o seu primeiro título de Liga e en 1914 o seu segundo. En 1995 gañou o seu terceiro e, até o de agora último, título da Premier League.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita azul con manga branca e a metade esquerda branca con manga azul, pantalón e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita negra con manga vermella e a metade esquerda vermella con manga negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Ewood Park.
O actual estadio do Rovers é Ewood Park, aínda que antes de trasladarse ao mesmo en 1890 xogou noutros recintos deportivos, entre os que se atopan Oozehead Ground (1876-77), Pleasington Cricket Ground (1877-78), Alexandra Meadows (1878-81) e Leamington Road (1881-90).
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Blackburn Rovers FC.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]Cadro actualizado a 17 de febreiro de 2020.[1]
|
|
Récords de xogadores
[editar | editar a fonte]As estatísticas só inclúen partidos da Premier League (dende 1992), incluídos os períodos dentro do club. Datos a 13 de agosto de 2010.[2] Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Blackburn Rovers.
Partidos xogados
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Brad Friedel | 2000–2008 | 261 | 1 |
2 | Morten Gamst Pedersen | 2004–actualidade | 260 | 34 |
3 | Brett Emerton | 2003–2011 | 247 | 13 |
4 | Tim Sherwood | 1992–1999 | 235 | 25 |
5 | Tugay Kerimoğlu | 2001–2009 | 233 | 10 |
6 | Colin Hendry | 1991–1998 | 204 | 8 |
7 | Jason Wilcox | 1992–1999 | 192 | 27 |
8 | Lucas Neill | 2001–2007 | 188 | 5 |
9 | Stuart Ripley | 1992–1998 | 187 | 13 |
10 | Garry Flitcroft | 1996–2006 | 186 | 11 |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Goles | Aparicións | Goles por partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | Alan Shearer | 1992–1996 | 112 | 138 | 0.812 |
2 | Chris Sutton | 1994–1999 | 47 | 130 | 0.362 |
3 | Kevin Gallacher | 1993–1999 | 46 | 139 | 0.715 |
4 | Benni McCarthy | 2006–2010 | 36 | 95 | 0.379 |
5 | Morten Gamst Pedersen | 2004–actualidade | 34 | 260 | 0.131 |
6 | Andy Cole | 2001–2004 | 27 | 83 | 0.325 |
7 | Jason Wilcox | 1992–1999 | 27 | 192 | 0.141 |
8 | Tim Sherwood | 1992–1999 | 25 | 235 | 0.106 |
9 | Jason Roberts | 2006–2012 | 23 | 134 | 0.172 |
10 | Roque Santa Cruz | 2007–2009 | 23 | 57 | 0.404 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]- Máximo goleador de Europa
Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Blackburn Rovers:
- Jack Southworth (26 goles) – 1891
- Ted Harper (43 goles) – 1926
Palmarés
[editar | editar a fonte]Nacional
[editar | editar a fonte]Liga
[editar | editar a fonte]- First Division (actual Premier League): 3 (1)
- Second Division: 1
- Third Division: 1
Copas
[editar | editar a fonte]- FA Cup: 6
- League Cup: 1
- FA Charity/Community Shield: 1
- Lancashire Senior Cup: 12
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "First Team 2019–20". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ "Player by Team by Year Overall". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2014.