Saltar ao contido

Blanco en blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blanco en blanco
Ficha técnica
Título orixinalBlanco en blanco
DirectorThéo Court
GuiónThéo Court
Samuel M. Delgado
IntérpretesAlfredo Castro
Lars Rudolph
EstudioEl Viaje Films (España)
Quijote Films (Chile)
EstreaFestival de Venecia: 2 de setembro de 2019
Duración100 minutos
Orixe Chile
España España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt9028522 Filmaffinity: 984914 Allocine: 244708 Editar o valor en Wikidata

Blanco en blanco é un filme hispano-chileno de 2019 dirixido por Théo Court. O filme trata sobre o xenocidio selk'nam que tivo lugar no arquipélago de Terra de Fogo nas décadas finais do século XIX.[1][2]

Estreouse na sección "Horizons" da 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia.[3][4] No Festival de Venecia, Théo Court gañou o premio ao mellor director.[5] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[6] mais finalmente non foi nomeado.

A historia desenvólvese no arquipélago de Terra de Fogo, unha rexión situada no sur da Arxentina e Chile, durante a segunda metade do século XIX. A Sociedade Explotadora de Terra de Fogo (SETF) desexa sacar proveito desas terras para pastos de gando e enfróntase ás comunidades indíxenas da zona, sendo a máis coñecida a dos selk'nam, no chamado como xenocidio selk'nam.[7]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Reynaldos, Antonio (13 de febreiro de 2020). "Cómplice del horror: la fotografía en el último filme de Theo Court". www.eldesconcierto.cl. Consultado o 31 de xullo de 2020. [Ligazón morta]
  2. Casas, Quim (30 de xullo de 2020). "Crítica | 'Blanco en blanco': la imagen perversa". www.elperiodico.com. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  3. Vivarelli, Nick (25 de xullo de 2019). "Joker, Ad Astra, The Laundromat, Marriage Story to Compete in Venice". Variety. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  4. "Orizzonti". labiennale.org. 25 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  5. Anderson, Ariston. "Venice: Todd Phillips' 'Joker' Wins Golden Lion, Roman Polanski Wins Silver Lion". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  6. "Oscars Race: Chile Submits Venice Horizons Winner 'White on White'". Variety. 3 de novembro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  7. Maestro, Miguel Martín (31 de xullo de 2020). "En el corazón de las tinieblas". www.elantepenultimomohicano.com. Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]