Blanco en blanco
Blanco en blanco | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blanco en blanco |
Director | Théo Court |
Guión | Théo Court Samuel M. Delgado |
Intérpretes | Alfredo Castro Lars Rudolph |
Estudio | El Viaje Films (España) Quijote Films (Chile) |
Estrea | Festival de Venecia: 2 de setembro de 2019 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Chile España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Blanco en blanco é un filme hispano-chileno de 2019 dirixido por Théo Court. O filme trata sobre o xenocidio selk'nam que tivo lugar no arquipélago de Terra de Fogo nas décadas finais do século XIX.[1][2]
Estreouse na sección "Horizons" da 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia.[3][4] No Festival de Venecia, Théo Court gañou o premio ao mellor director.[5] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[6] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia desenvólvese no arquipélago de Terra de Fogo, unha rexión situada no sur da Arxentina e Chile, durante a segunda metade do século XIX. A Sociedade Explotadora de Terra de Fogo (SETF) desexa sacar proveito desas terras para pastos de gando e enfróntase ás comunidades indíxenas da zona, sendo a máis coñecida a dos selk'nam, no chamado como xenocidio selk'nam.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alfredo Castro como Pedro
- Lars Rudolph como Propietario
- Alejandro Goic como Capataz
- Lola Rubio como Aurora
- David Pantaleón como Arturo
- Ignacio Ceruti como John
- Esther Vega como Sara
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reynaldos, Antonio (13 de febreiro de 2020). "Cómplice del horror: la fotografía en el último filme de Theo Court". www.eldesconcierto.cl. Consultado o 31 de xullo de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ Casas, Quim (30 de xullo de 2020). "Crítica | 'Blanco en blanco': la imagen perversa". www.elperiodico.com. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ Vivarelli, Nick (25 de xullo de 2019). "Joker, Ad Astra, The Laundromat, Marriage Story to Compete in Venice". Variety. Consultado o 25 de xullo de 2019.
- ↑ "Orizzonti". labiennale.org. 25 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019.
- ↑ Anderson, Ariston. "Venice: Todd Phillips' 'Joker' Wins Golden Lion, Roman Polanski Wins Silver Lion". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de setembro de 2019.
- ↑ "Oscars Race: Chile Submits Venice Horizons Winner 'White on White'". Variety. 3 de novembro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2021.
- ↑ Maestro, Miguel Martín (31 de xullo de 2020). "En el corazón de las tinieblas". www.elantepenultimomohicano.com. Consultado o 3 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blanco en blanco na IMDb (en inglés).