Bob McAdoo
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1951 (73 anos) Greensboro, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade da Carolina do Norte (pt) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Vincennes University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de baloncesto, baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1972 - 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Buffalo Braves (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1971 | Jogos Pan-Americanos de 1971 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | James Michael McAdoo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Robert Allen 'Bob' McAdoo, nado o 25 de setembro de 1951 en Greensboro, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA e adestrador asistente de Miami Heat.
Carreira
[editar | editar a fonte]Seleccionado en primeira rolda no Draft da NBA de 1972 por Buffalo Braves (agora Los Angeles Clippers) tras dúas tempadas en Vincennes Junior College e unha na Universidade de North Carolina, McAdoo pronto se converteu nun dos mellores xogadores da liga. Na súa primeira campaña gañou o Rookie do Ano e en tres tempadas consecutivas sería o máximo anotador da NBA. Na tempada 1973-74, McAdoo converteuse no último xogador da historia da liga en ter unha media, nunha soa tempada, de 30 ou máis puntos por partido e 15 rebotes. No seu segundo ano, foi nomeado por primeira vez (de cinco) no mellor quinteto da tempada e en 1975 foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga (MVP), con 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cunha porcentaxe de 51,2 en tiros de campo e un 80,5 na liña de tiros libres. Para o NBA All-Star Game de 1975 foi o xogador máis votado polos afeccionados con 98.235 votos.
Tras o seu estelar comezo, McAdoo xogou varias tempadas asediado polas lesións en New York Knicks, Boston Celtics, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Aínda que estas campañas fosen boas estatisticamente, moitos analistas e admiradores sentiron que a carreira de McAdoo se estancaba, sobre todo porque os equipos nos que militou non competían polo título. Con todo, a final da súa carreira foi cando máis puido gozar, xogando nos Lakers do Showtime dende 1982 até 1985 xunto con Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar e James Worthy, gañando dous aneis. Finalizou a súa carreira en Philadelphia 76ers na 1985-86. Despois xogaría en Italia, no Tracer Milano, sendo considerado un dos mellores xogadores americanos que xamais viu Europa. No seu primeiro ano, liderou ao Milano a gañar o campionato de Italia e de Europa (en dúas ocasións), con medias de 26,1 puntos e 10,2 rebotes por noite. Máis tarde, xogou en Forlì e Fabriano.
A pesar de todo, en 1996 a NBA non lle nomeou un dos "50 mellores xogadores da historia da liga". Actualmente traballa como asistente en Miami Heat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- McAdoo en nba.com
- McAdoo, como adestrador asistente, en nba.com
- Estatísticas de McAdoo Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Buffalo Braves
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Eleccións no Draft da NBA dos Buffalo Braves
- Membros do Salón da Fama da NBA
- MVP da Tempada da NBA
- Rookie do Ano da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Nados en Greensboro, Carolina do Norte
- Adestradores asistentes dos Miami Heat