James Michael McAdoo
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1993 (31 anos) Norfolk, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Norfolk Christian Schools (en) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 104 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Bob McAdoo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
James Michael Ray McAdoo, nado o 4 de xaneiro de 1993 en Norfolk, Virxinia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Sun Rockers Shibuya da B.League xaponesa. Cunha altura de 2,06 m e 104 kg de peso, McAdoo xoga na posición de pivote. Na súa etapa universitaria xogou para os North Carolina Tar Heels. O seu maior éxito é o anel de campión da NBA conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]McAdoo asistiu ao instituto "Norfolk Christian High School" en Norfolk, Virxinia. No seu terceiro ano, como "júnior" en 2009-10, fixo unha media de 22,5 puntos e 9,9 rebotes por partido, e na súa última campaña, como "sénior" en 2010-11, 21,6 puntos e 8,1 rebotes. Liderou ao instituto Norfolk Christian a campionatos estatais consecutivos e gañou o premio Gatorade ao xogador do ano en Virxinia en 2010 e 2011. Durante a súa carreira no instituto conseguiu formar parte do quinteto ideal USA Today e do terceiro equipo Parade All-America, así como o trofeo de co-MVP do McDonald's All-American Game (17 puntos) en Chicago e do Jordan Brand Classic (26 puntos e 14 rebotes) en Charlotte.
En 2009 McAdoo comprometeuse a unirse aos North Carolina Tar Heels. Despois de que Travis Wear e David Wear foran transferido de North Carolina, McAdoo considerou graduarse uns anos antes para que puidese unirse aos Tar Heels en 2010, pero ao final decidiu quedar no instituto "Norfolk Christian" para o seu último ano. Foi cualificado como o cuarto xogador na clase de 2011 por Scout.com, o sexto xogador por ESPN, e o oitavo xogador por Rivals.com.
Universidade
[editar | editar a fonte]McAdoo xogou tres tempadas para os Tar Heels da Universidade de Carolina do Norte, facendo medias de 11,4 puntos, 5,9 rebotes, 1,0 asistencias e 1,2 roubos en 24,9 minutos durante 108 partidos.[1] Na súa terceira tempada (2013-14) McAdoo gañou foi seleccionado no segundo mellor quinteto da Atlantic Coast Conference por segundo ano consecutivo despois de facer unha media de 14,2 puntos, 6,8 rebotes, 1,7 asistencias e 1,3 roubos en 34 partidos. A principios de abril de 2014, declarouse o elixíbel para o draft da NBA, renunciando ao seu último ano universitario.
Profesional
[editar | editar a fonte]Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2014, McAdoo uniuse aos Golden State Warriors para disputar a Liga de Verán da NBA. O 2 de setembro de 2014, asinou cos Golden State Warriors, pero no mes de outubro de 2014, antes do comezo da temporada 2014-15 da NBA, foi descartado polos Warriors, pasando a xogar co seu equipo vinculado da NBA Development League, os Santa Cruz Warriors. O 19 de xaneiro de 2015 asinou contrato por dez días cos Warriors da NBA. No seu debut, ese mesmo día ante os Denver Nuggets, conseguiu 11 puntos e 5 rebotes en menos de 13 minutos de xogo. Ese mesmo anao gana o anel de campión da NBA co equipo californiano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "James Michael McAdoo Stats". Sports-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de James Michael McAdoo en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1993
- Nados en Norfolk, Virxinia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino
- Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto)
- Xogadores do KK Partizan