Braveheart
Braveheart | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Braveheart |
Director | Mel Gibson |
Produtor | Bruce Davey Mel Gibson Alan Ladd Jr. Dean Lopata Stephen McEveety Elisabeth Robinson |
Guión | Randall Wallace |
Intérpretes | Mel Gibson Sophie Marceau Patrick McGoohan Angus Macfadyen Brendan Gleeson Catherine McCormack |
Música | James Horner |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Dani Valdes |
Estudio | Icon Productions The Ladd Company |
Distribuidora | EE.UU Paramount Pictures fóra dos Estados Unidos 20th Century Fox |
Estrea | Seattle: 18 de maio de 1995 24 de maio de 1995 |
Duración | 117 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Histórico, Idade Media, Amor |
Orzamento | $72 000 000[2] |
Recadación | $210 409 945[2] |
Na rede | |
|
Braveheart é unha longametraxe dirixida e protagonizada por Mel Gibson estreada nos cines en 1995. O guión está adaptado do poema épico de Blind Harry The Actes and Deidis of the Illustre and Vallyeant Campioun Schir William Wallace, e foi escrito por Randall Wallace. É un filme que conta a historia do heroe nacional escocés William Wallace e a súa loita contra os ingleses e o seu tiránico rei Eduardo I de Inglaterra na Primeira Guerra de Independencia de Escocia. Baséase en feitos reais, mais foi descrito como un dos filmes modernos máis inexactos historicamente.[3]
O filme gañou cinco Premios Oscar na 68ª edición dos Oscar, incluíndo o Mellor filme e Mellor director e foi nomeado a outros cinco.
Sinopse
[editar | editar a fonte]William Wallace (Mel Gibson) é un rebelde escocés, que lidera unha revolta popular contra o rei Eduardo I de Inglaterra alcumado "Longshanks" (Patrick McGoohan), que quere a coroa de Escocia, aproveitando que o derradeiro rei escocés non tivo herdeiros.
De neno (cara ó 1280) Wallace perdeu ó seu pai e ó seu irmán a mans dos ingleses, como moitos outros asasinados naquela época. O xove William pasou a vivir co seu tío Argyle (Brian Cox), que o leva con el ó estranxeiro para que teña unha boa educación. Anos despois volve a Escocia coa intención de vivir en paz. Longshanks aumenta a súa opresión ó restablecer o Ius primae noctis (Dereito de pernada).
Cando a súa amada Murron McGlannough (Catherine McCormack), coa que casara en segredo, é asasinada polo Sheriff de Lanark, a súa determinación de loitar a morte para liberar a Escocia do xugo inglés xa non ten volta atrás. O seu valor e intelixencia fan que as súas filas estean cheas de voluntarios, como os membros do seu clan, o seu amigo da infancia Hamish Campbell (Brendan Gleeson), e o carismático irlandés Stephen o Tolo (David O'Hara), levando ós escoceses a inflixir ós ingleses unha dura derrota na batalla da ponte de Stirling.
Trala vitoria, Wallace é nomeado "Gardián de Escocia" polos nobres, pero é consciente da desunión destes. O dubitativo Robert Bruce (Angus Macfadyen), herdeiro ó trono de Escocia, debátese entre os consellos do seu pai leproso (Ian Bannen) de pactar con Inglaterra e o seu desexo de seguir os pasos de Wallace.
Wallace invade o norte de Inglaterra e conquista Iork, e ademais atopa unha inesperada aliada na esposa do efeminado príncipe de Gales (Eduardo II de Inglaterra), a princesa Isabel (Sophie Marceau), a quen o tirano enviara a negociar para gañar tempo, pero ela ponse da súa parte e ambos teñen un intenso romance.
Longshanks envía todas as súas forzas para enfrontarse a Wallace, entre outras, tropas irlandesas, arqueiros galeses e tropas procedentes de Francia. Wallace decátase do movemento das tropas de Longshanks e reúne ós nobres, os cales desexan pactar co rei inglés, pero Wallace consegue a palabra de Robert Bruce de que os nobres loitarán.
Finalmente, iníciase a Batalla de Falkirk, Longshanks envía ós irlandeses contra Wallace, pero estes únense ós escoceses. As tropas de Wallace cargan contra a infantaría inglesa, e prodúcese unha cruel loita. Ó ollar as súas costas, Wallace decátase de que os nobres están a fuxir, entón Longshanks ordena disparar ós seus arqueiros aínda que sabe que as frechas tamén ferirán ós seus soldados. O exército escocés é derrotado, e o propio Wallace é ferido no peito por unha frecha. Pero Wallace, colle o seu cabalo e comeza a perseguir ós nobres ingleses que se retiraban. Un cabaleiro bátese con el e logra derribalo. Cando se achega a Wallace, que estaba tendido no chan aparentemente inconsciente, este logra desenmascaralo é ve que non e outro senón o propio Robert Bruce.
Wallace e os seus aliados reorganizan a resistencia. Os nobres que o traizoaron en Falkirk morren pola súa man. Wallace convértese nunha auténtica lenda e fíxose máis perigoso que nunca para os ingleses. Por outra banda, el sabe que sen o apoio da nobreza, no hai nada que facer. Por iso arríscase a reunirse con eles en Edimburgo, a petición de Bruce (quen realmente desexa poñerse do seu lado). Pero os demais nobres teñen outros plans, e Wallace é capturado polos ingleses, para desesperación de Bruce, quen culpa do engano ó seu pai.
Wallace é levado a Londres, acusado de traizón. Foi brutalmente torturado e decapitado, pero aínda así nunca se arrepentiu por loitar pola liberdade de Escocia.
Epílogo
[editar | editar a fonte]O seu sacrificio non caeu en saco roto. Eduardo I de Inglaterra falece e sucédeo o feble e efeminado Eduardo II. Anos máis tarde Robert Bruce é rei de Escocia, pero debe render vasalaxe ó monarca inglés. No canto diso, Bruce decide loitar, e derrota na batalla de Bannockburn (1314) a un exército inglés superior en número que non agardaba que os escoceses opuxeran resistencia.
O filme remata coa voz de Mel Gibson dicindo que os escoceses gañaron a súa liberdade nesa batalla loitando como poetas guerreiros.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mel Gibson como William Wallace, o heroe tráxico do filme. Cando o seu pai e irmán foron asasinados por soldados ingleses, marchou de Escocia e viaxou polo mundo co seu tío. Tempo despois, volta e casa coa súa amiga da infancia Murron. Despois de que Murron fose asasinada por un maxistrado inglés, Wallace lidera unha revolta esixindo xustiza, o que leva á Primeira Guerra de Independencia de Escocia.
- James Robinson como William Wallace de neno. O actor de 10 anos pasaría semanas tentando copiar os xestos de Gibson para o filme.
- Sophie Marceau como Isabel de Francia, que se solidariza cos escoceses e admira a Wallace.
- Patrick McGoohan como Rei Eduardo I de Inglaterra, o principal antagonista. Alcumado "Longshanks" pola súa altura de 6 pés, o Rei é retratado como un psicópata tiránico. Tamén aparece como un pai emocionalmente e fisicamente abusivo co seu fillo. Determinado a derrotar o levantamento de Escocia, pretende garantir o seu dominio sobre toda a Gran Bretaña.
- Catherine McCormack como Murron MacClannough, a esposa asasinada de Wallace.
- Angus Macfadyen como Robert Bruce, fillo do vello Bruce e candidato ó trono de Escocia, é inspirado pola dedicación e bravura de Wallace.
- Brendan Gleeson como Hamish Campbell. Amigo de Wallace dende nenos e capitán do exército de Wallace, é valente e pensa cos puños.
- James Cosmo como Campbell the Elder. O pai de Hamish Campbell e capitán do exército de Wallace.
- David O'Hara como Stephen. Un voluntario irlandés do exército escocés, que se enrola para matar ingleses e debido ó seu coñecemento da guerra de guerrilla. El profesa ser o home máis buscado na que chama "a miña illa", e afirma falar con Deus persoalmente. El é un dos capitáns de Wallace e gardacostas, salvando a súa vida varias veces.
- Peter Hanly como Prince Eduardo, Príncipe de Gales. O fillo do Rei Eduardo e marido da Princesa Isabel por un matrimonio concertado. É homosexual, é sofre abusos emocionais e físicos por parte do seu pai. O home do que está namorado o Príncipe é Phillip, que é asasinado polo Rei cando é lanzado por unha fiestra do castelo.
- Ian Bannen como Robert de Brus. Incapaz de ocupar o trono persoalmente, debido a que padece de lepra, aconsella ó seu fillo para que sexa o seguinte rei de Escocia, a pesar das reivindicacións do clan Balliol ó trono.
- Seán Mac Fhionnghaile como MacClannough
- Brian Cox como Argyle Wallace. Un sacerdote católico e tío de William. Despois da morte da familia de Wallace, Argyle faise cargo do coidado de Wallace. Promételle ensinarlle como pelexar cunha espada despois de aprenderlle como usala cabeza, e tamén lle ensina a falar en francés e en latín.
- Sean Lawlor como Malcolm Wallace
- Sandy Nelson como John Wallace
- Stephen Billington como Phillip
- John Kavanagh como Craig
- Alun Armstrong como Mornay
- Tommy Flanagan como Morrison
- Michael Byrne como Smythe
- Malcolm Tierney como Maxistrado
- Peter Mullan como veterano
- Gerard McSorley como Hugh de Cressingham
- Richard Leaf como Gobernador de York
Produción
[editar | editar a fonte]A compañía de produción de Gibson, Icon Productions tivo dificultades para conseguir os cartos malia ser el mesmo o protagonista do filme. Warner Bros. estaba disposto a financiar o proxecto baixo a condición de que Gibson asinase por outra secuela de Arma Letal, cousa que el rexeitou. Paramount Pictures colaborou coa distribución do filme en América e o Canadá despois de que 20th Century Fox colaborase cos dereitos internacionais.[4]
Mentres o quipo estivo seis semanas rodando en localizacións de Escocia, as escenas da gran batalla foron rodadas en Irlanda usando membros da Irish Army Reserve (Óglaigh Cúltaca) como extras. Para reducir os custos, Gibson tiña os mesmos figurantes para recrear os dous exércitos. Ámbolos dous estaban compostos de reservistas, ata 1.600 nalgunhas escenas, que recibiron permiso para deixar medrar a barba e trocar os seus uniformes polos traxes medievais.[5]
Segundo Gibson, inspirouse nas grandes producións épicas que vira cando era neno, como Spartacus de Stanley Kubrick e Horizontes de grandeza de William Wyler.
O filme foi rodado en formato anamórfico con lentes Panavision C- e E-Series.[6] Gibson reduciu a violencia das escenas de batalla para evitar a cualificación para maiores de 17. A versión final foi cualificada de R (restrinxida) polas "brutais batallas medievais".[7]
Ademais da lingua principal do filme, o inglés, tamén hai partes faladas en francés, latín, e gaélico escocés.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1995: 5 Oscars: película, director, fotografía, son, maquillaxe. 10 nomeamentos.
- 1995: Globo de Ouro: Mellor director (Mel Gibson). 4 nomeamentos.
- 1995: 3 premios BAFTA: Mellor fotografía, vestiario, son. 7 nomeamentos.
- 1995: National Board of Review: Mel Gibson.
Banda sonora
[editar | editar a fonte]Braveheart | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de James Horner | ||||
1995 | ||||
Duración | 77:00 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Braveheart foi composta e dirixida por James Horner, e interpretada pola London Symphony Orchestra. Os temas, que comprenden 77 minutos, tiveron un notable éxito, e o produtor do álbum Simon Rhodes produciu unha continuación da banda sonora en 1997 titulada More Music from Braveheart.
Braveheart (1995)
[editar | editar a fonte]- Main Title (2:51)
- A Gift of a Thistle (1:37)
- Wallace Courts Murron (4:25)
- The Secret Wedding (6:33)
- Attack on Murron (3:00)
- Revenge (6:23)
- Murron’s Burial (2:13)
- Making Plans/ Gathering the Clans (1:52)
- “Sons of Scotland” (6:19)
- The Battle of Stirling (5:57)
- For the Love of a Princess (4:07)
- Falkirk (4:04)
- Betrayal & Desolation (7:48)
- Mornay’s Dream (1:15)
- The Legend Spreads (1:09)
- The Princess Pleads for Wallace’s Life (3:38)
- “Freedom”/The Execution/ Bannockburn (7:24)
- End Credits (7:16)
More Music From Braveheart (1997)
[editar | editar a fonte]- Prologue: 'I Shall Tell You Of William Wallace' [Narration: Robert The Bruce]
- Outlawed Tunes On Outlawed Pipes
- The Royal Wedding [Narration: Robert The Bruce]
- 'The Trouble With Scotland' [King Edward The Longshanks]
- Scottish Wedding Music
- Prima Noctes
- The Proposal [William Wallace And Murron]
- 'Scotland Is Free!' [William Wallace]
- Point Of War/Johnny Cope/Up In The Morning Early
- Coversing With The Almighty [Stephen, William Wallace, Hamish, Campbell]
- The Road To The Isles/Glendaruel Highlanders/The Old Rustic Bridge By The Mill
- 'Sons Of Scotland!' [William Wallace]
- Vision Of Murron
- 'Unite The Clans!' [William Wallace]
- The Legend Spreads [Scottish Highlanders]
- 'Why Do You Help Me?' [William Wallace And Princess Isabelle]
- For The Love Of A Princess
- 'Not Every Man Really Lives' [William Wallace And Princess Isabelle]
- 'The Prisoner Wishes To Say A Word' [The Executioner And William Wallace]
- 'After The Beheading' [Robert The Bruce]
- 'You Have Bled With Wallace!' [Robert The Bruce]
- Warrior Poets [William Wallace]
- Scotland The Brave/The Badge Of Scotland/The Meeting Of The Waters
- Leaving Glen Urquhart/The Highland Plaid/Jock Wilson's Ball
- Kirkhill/The Argyllshire Gathering/The Braemar Highland Gathering
Tempo Total (68:53)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ classification.gov.au (ed.). "View Title". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Braveheart (1995)". Box Office Mojo. Amazon.com. Consultado o 7 de febreiro de 2013.
- ↑ White, Caroline (4 de agosto de 2009). "The 10 most historically inaccurate movies". Londres: The Times. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 2009-08-05.
- ↑ Michael Fleming (25 de xullo de 2005). "Mel tongue-ties studios". Daily Variety.
- ↑ Braveheart 10th Chance To Boost Tourism In Trim Arquivado 03 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Meath Chronicle, 28 de agosto de 2003. Consultado o 30 de abril de 2007.
- ↑ Chris Probst (1 de xuño de 1996). "Cinematic Transcendence". American Cinematographer 77 (6) (Os Ánxeles, United States: American Society of Cinematographers). p. 76. ISSN 0002-7928.
- ↑ Classification and Rating Administration, Motion Picture Association of America. "Reasons for Movie Ratings (CARA)".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 1995
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Mel Gibson
- Filmes con bandas sonoras de James Horner
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes ambientados en Edimburgo
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes ambientados en Inglaterra
- Filmes ambientados no século XIV
- Filmes ambientados no século XIII
- Filmes de Icon Productions
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de The Ladd Company
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director