Chicago (filme)
Chicago | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Chicago |
Director | Rob Marshall |
Produtor | Martin Richards |
Guión | Bill Condon |
Baseado en | Chicago de Bob Fosse Fred Ebb Chicago de Maurine Dallas Watkins |
Intérpretes | Renée Zellweger Catherine Zeta-Jones Richard Gere Queen Latifah John C. Reilly Lucy Liu Taye Diggs Colm Feore Dominic West |
Música | |
Fotografía | Dion Beebe |
Montaxe | Martin Walsh |
Estudio | Producer Circle Co. Zadan/Meron Production |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 27 de decembro de 2002 |
Duración | 113 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 45 millóns $[2] |
Recadación | 306,8 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/chicago | |
Chicago é unha filme musical estadounidense dirixido por Rob Marshall en 2002. Baséase no musical homónimo de 1975. Explora os temas da fama, o escándalo e a corrupción en Chicago durante a era do jazz.[3] Está protagonizado por Renée Zellweger, Catherine Zeta-Jones e Richard Gere. Chicago céntrase nas historias de Roxie Hart (Zellweger) e Velma Kelly (Zeta-Jones) dúas asasinas presas que agardan polo seu xuízo no Chicago dos anos vinte. Roxie, unha esposa que quere ser artista de espectáculos, e Velma, unha estrela de vaudeville, loitan pola fama que as afaste da forca. O filme supón o inicio como director de Rob Marshall, que tamén fixo as coreografías do filme, e cuxo guión foi adaptado por Bill Condon, con música de John Kander e letra de Fred Ebb. Aclamada pola crítica, Chicago gañou seis Premios Óscar en 2003, incluíndo o premio ó mellor filme, sendo o primeiro musical en conseguilo dende Oliver! en 1968.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Chicago durante os anos 1920, as asasinas Roxie Hart (que asasinou o seu amante) e Velma Kelly (que matou o seu marido e a súa irmá xemelga) están dispostas a todo, a unha para evitar a pena de morte, no caso de Velma e para o mesmo e converterse nunha celebridade no caso da outra (Roxie). Para iso contarán coa axuda nada desinteresada de Billy Flynn, un dos avogados con menos escrúpulos de Chicago.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Taye Diggs - Bandleader
- Catherine Zeta-Jones - Velma Kelly
- Renée Zellweger - Roxie Hart
- Dominic West - Fred Casely
- Jayne Eastwood - Sra. Borusewicz
- Bruce Beaton - Fotógrafo policía
- Roman Podhora - Sargento Fogarty
- John C. Reilly - Amos Hart
- Colm Feore - Harrison
- Rob Smith - Fotógrafo xornal
- Shawn Wayne Doyle - Reporteiro
- Steve Behal
- Robbie Rox
- Chita Rivera - Nickie
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Categoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Oscar á mellor película | Gañadora | |
Oscar ó mellor director | Rob Marshall | Candidato |
Oscar á mellor actriz | Renée Zellweger | Candidata |
Oscar á mellor actriz secundaria | Catherine Zeta-Jones | Gañadora |
Oscar á mellor actriz secundaria | Queen Latifah | Candidata |
Oscar ó mellor actor secundario | John C. Reilly | Candidato |
Oscar ó mellor guión adaptado | Bill Condon | Candidato |
Oscar á mellor canción | Fred Ebb por I move on | Candidato |
Oscar á mellor fotografía | Dion Beebe | Candidato |
Oscar ó mellor deseño de vestiario | Colleen Atwood | Gañador |
Oscar á mellor dirección artística | John Myhre | Gañador |
Oscar á mellor montaxe | Martin Walsh | Gañador |
Oscar ó mellor son | Michael Minkler
Dominick Tavella David Le || Gañador |
- Mellor película (comedia ou musical)
- Mellor actor (comedia ou musical) - Richard Gere
- Mellor actriz (comedia ou musical) - Renée Zellweger
- Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones
- Mellor son
Premios SAG
[editar | editar a fonte]- Mellor actriz - Renée Zellweger
- Mellor actriz secundaria - Catherine Zeta-Jones
- Mellor elenco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CHICAGO (12A)". bbfc.co.uk. British Board of Film Classification. 12 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "Chicago (2002)". Box Office Mojo. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ Mitchell, Elvis (27 de decembro de 2002). "Movie Review: Chicago (2002)". The New York Times. Consultado o 7 de marzo de 2014.
- ↑ Gans, Andrew; Simonson, Robert (24 de marzo de 2003). ""Chicago" Wins Oscar for Best Picture". Playbill. Consultado o 22 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chicago na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)