Saltar ao contido

Buru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBuru
(id) Pulau Buru Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deMolucas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia das Molucas, Indonesia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Banda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 3°25′30″S 126°40′03″L / -3.425, 126.6675
Bañado porMar de Ceram e Mar de Banda Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude551 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Kapalatmada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.700 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie8.473 km² Editar o valor en Wikidata

Buru é unha illa indonesia pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambón. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Con 9.505 km², Buru é a terceira illa máis grande das Illas Molucas. O centro da illa é montañoso, cunha plana chaira costeira, onde viven un oitenta por cento dos seus 124.084 habitantes (2003). O punto máis alto é o Gunung Kaplamada en 2729 m.

Ébano, teca, sagú, e cocos son produtos máis importantes.

Antes da colonización holandesa, Buru estaba dentro do reino de Ternate. A illa foi ocupada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais (COV) en 1658. Os colonos trasladaron pola forza a gran parte da poboación dos seus pobos do interior á chaira costeira, onde poderían estar máis estreitamente controlados. No século XIX, o control do goberno pasa da COV aós oficiais holandeses, os neerlandeses nomean líderes indíxenas, chamados raja en Buru, para administrar a illa para eles.

Buru converteuse nunha parte de Indonesia logo da independencia da nación en 1950. Durante a administración do presidente Suharto (1965-1998), a illa foi o lugar de explotación de campos de prisioneiros supostamente comunistas e outros disidentes. En 1977, ao redor de catorce mil prisioneiros residian na illa. O máis famoso dos internos foi o autor Pramoedya Ananta Toer. Sen lapis nin papel, compuxo as historias que se converteron no seu Cuarteto de Buru, contándoas verbalmente aos outros prisioneiros.

Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]