Saltar ao contido

Cérbero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cérbero, William Blake

Na mitoloxía grega, Cérbero[1], era o garda das portas do Hades (o inframundo grego), asegurando que os mortos non puidesen saír e que os vivos non puidesen entrar. Era fillo de Equidna e Tifón, e irmán de Ortro. A existencia dun can infernal na entrada dos infernos parece ser que xa estaba presente na mitoloxía indoeuropea orixinal, pois aparece nos mitos doutros pobos indoeuropeos, como é o caso do can Garm na mitoloxía escandinava.

Tiña a forma dun can con tres cabezas e cunha serpe por rabo, ademais dun número incontable de cabezas de serpe nas súas costas.

"Como duodécimo traballo ordenóuselle traer do Hades a Cérbero. Tiña este tres cabezas de can, a cola de dragón e no seu lombo cabezas de toda clase de serpes".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica II, 5, 12)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cérbero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.