Saltar ao contido

Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCabana de Bergantiños
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°11′23″N 8°54′51″O / 43.1898, -8.9142
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Carballa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.123 (2023) Editar o valor en Wikidata (41,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie100,23 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude375 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Muíño Domínguez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15115 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15014 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcello-cabana.com Editar o valor en Wikidata

Cabana de Bergantiños (do latín capanna e do xentilicio céltico dos Brigantinos')[1] é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo. Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres[2] (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, ao leste co concello de Coristanco, ao sur co concello de Zas, e ao oeste co concello de Laxe e co estuario do río Anllóns que forma a fronte máis meridional da ría de Corme e Laxe.

Noroeste: Ría de Corme e Laxe Norte: Ponteceso Nordeste: Ponteceso
Oeste: Laxe Leste: Coristanco
Suroeste: Laxe Sur: Zas Sueste: Coristanco
Casa das asociacións, edificio no que se atopaba anteriormente a casa consistorial.

Aínda que hoxe en día a capital do concello está situada no lugar da Carballa, parroquia de Cesullas, nun principio estivo no lugar de Cabana (de aí ben o nome do concello), máis tarde chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio está agora a Casa das asociacións.

Superficie

[editar | editar a fonte]

Cabana ten unha superficie de 100,23 km²[4] repartidos en 10 parroquias.

Orografía

[editar | editar a fonte]

No concello destacan os seguintes montes:

  • Borneiro (371 metros de altitude).
  • Lourido (312 metros de altitude).
  • O Castelo (318 metros de altitude).
  • O Gontón.
  • Perrol (de 438 metros de altitude).
  • Vilariño.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río principal é o Anllóns, que baña o norte do concello e fai de fronteira co concello de Ponteceso. A ladeira oriental do concello encóntrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara ao norte, verten o seu caudal no río Anllóns.

Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada da Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea baleira forma unha península coa Barra.

Dentro de Cabana os ríos máis importantes són o río Cundíns e o río da Balsa que verten as súas augas no Anllóns.

  • Río do Reguenco.
  • Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón dunha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.
  • Río da Balsa.

O clima neste concello é suave cunha media de 14 °C e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.

A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 4.623 habitantes
Menores de 15 anos 386 (8.35 %)
Entre 15 e 64 anos 2.828 (61.17 %)
Maiores de 65 anos 1.409 (30.48 %)
Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.727 5.232 6.772 6.991 5.354 4.985 4.865 4.759 4.716 4.623 4.552 4.623 4.347
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Prehistoria e Idade Antiga

[editar | editar a fonte]
Vista da entrada ao dolmen de Dombate custodiada por ídolos de pedra.

O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro, ambos na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.

A Vía Per Loca Marítima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto[5] dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas) e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna, estes últimos atópanse bastante abandonados.

Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobó. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]
Torre da Penela

Patrimonio cultural

[editar | editar a fonte]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.

A Romaría de San Fins do Castro é a festa oficial do concello e celébrase o 1 de agosto na honra de San Fins do Castro.

Festas das parroquias.
  • Anos:
Santo Estevo, día 26 de decembro.
  • Borneiro:
San Xoán, día 24 de xullo.
Romaría do Carme do Briño, día 18 de xullo no lugar do Briño.
  • Canduas:
San Bras, día 3 de febreiro.
Virxe do Carme, o 28 de agosto.
San Antonio, o 29 de agosto.
San Martiño, día 11 de novembro.
San Lucía, día 13 de decembro.
  • Cesullas:
Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
Santo Estevo, día 29 de decembro.
  • Corcoesto:
Romaría de Santa Margarida de Baneira, día 13 de xullo.
Romaría de Santa Mariña do Remuiño, día 22 de xullo.
  • O Esto:
San Ramón, o 31 de agosto.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.

Economía

[editar | editar a fonte]

A agricultura e a gandería en Cabana teñen un peso de certa importancia na economía municipal sendo os cultivos como o millo e a pataca os que máis destacan neste eido.

En Canduas a carpintería de ribeira tamén ten a súa importancia as beiras do río Anllóns, aínda que a crise que está pasando o sector da pesca esta poñendo en perigo esta actividade.

Como chegar

[editar | editar a fonte]

Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) hai que desviarse cara a Malpica de Bergantiños ata chegar a Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.

Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada e Natón (xa en Cabana de Bergantiños).

Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Real Academia Galega (Xosé María Lema) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Cabana de Bergantiños (Youtube). 
  2. Páxina do Instituto Nacional de Estadística
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  4. Fernández Carrera, Xan (2001). "Concello de Cabana de Bergantiños". Descubre a Comarca de Bergantiños. p. 193. 
  5. hoxe en día están outra vez en estudo para unha posible reapertura Una empresa canadiense compra la mina de Corcoesto para extraer oro Cristina Viu La Voz de Galicia
  6. A Xunta dá luz verde ao proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)