Calique (lúa)
Calique (ou en grego Καλύκη), tamén coñecida coma Xúpiter XXIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 2.[1][2]
Calique ten uns 5,2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,181 millóns de kms, tarda 721,021 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 166° con respecto á eclíptica (165° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2140. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, segundo algúns autores, Calique era unha Nisíade, unha das ninfas que coidaron de Dioniso.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter Arquivado 16 de setembro de 2002 en Wayback Machine. 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]