Saltar ao contido

Carles Puigdemont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
Carles Puigdemont

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Carles Puigdemont i Casamajó Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Amer, España Editar o valor en Wikidata
Presidente de Junts per Catalunya
outubro de 2024 –
← Laura Borràs i Castanyer
Presidente de Junts per Catalunya
9 de agosto de 2020 – 4 de xuño de 2022
← Carles Valls i Arnó (en) TraducirLaura Borràs i Castanyer →
Eurodeputado
Representa: Lliures per Europa

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

President of the Council for the Republic (en) Traducir
8 de marzo de 2018 –
← sen valor
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 7 de xaneiro de 2020 (renuncia)Ferran Mascarell i Canalda (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

130º Presidente da Generalitat de Cataluña
12 de xaneiro de 2016 – 28 de outubro de 2017 (aplicação do artígo 155 da Constituição espanhola de 1978 na Catalunha (pt) Traducir)
← Artur MasQuim Torra →
Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

President of the Association of Municipalities for Independence (en) Traducir
17 de xullo de 2015 – 15 de xaneiro de 2016
← Josep Maria Vila d'Abadal i Serra (pt) TraducirJosep Andreu Domingo (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 24 de xullo de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

97º Alcalde de Xirona
1 de xullo de 2011 – 11 de xaneiro de 2016
← Anna Pagans i Gruartmoner (en) TraducirAlbert Ballesta i Tura (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 27 de setembro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

City councillor of Girona (en) Traducir
16 de xuño de 2007 – 11 de xaneiro de 2016 (renuncia)Albert Ballesta i Tura (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de novembro de 2006 – 22 de setembro de 2010 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Director Catalonia Today (pt) Traducir
2004 – 2006
Director of Catalan News Agency (en) Traducir
1999 – 2002 – Joan Besson i Blaya (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVallespir (2024–)
Casa de la República (pt) Traducir (2018–2024) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo cristán Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Argelès-sur-Mer (2024–)
Casa de la República (pt) Traducir (2018–2024)
Xirona
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista político, político, xornalista, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCatalonia Today (pt) Traducir, director (2004–2006)
Casa de Cultura de Girona (en) Traducir, director (2002–2004)
Agència Catalana de Notícies (en) Traducir, director (1999–2002)
El Punt (pt) Traducir (1982–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoJunts per Catalunya (2020–)
Partido Democrático Europeo Catalán (2016–2020)
Convergència Democràtica de Catalunya (1983–2016) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarcela Topor (2000–) Editar o valor en Wikidata
PaisXavier Puigdemont Oliveras Editar o valor en Wikidata  e Núria Casamajó Editar o valor en Wikidata
IrmánsMontserrat Puigdemont i Casamajó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
23 de setembro de 2021arrest of Carles Puigdemont in Italy (en) Traducir
25 de marzo de 2018arrest of Carles Puigdemont in Germany (en) Traducir
27 de outubro de 2017Declaración de Independencia de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webhttp://www.carlespuigdemont.cat/
IMDB: nm4479759 Facebook: KRLSPuigdemont Twitter: KRLS Instagram: carlespuigdemont Youtube: UCti5P8HYAKkln4drO0jfQgA TikTok: krlspuigdemont Flickr: 132980912@N07 BNE: XX1005511 Editar o valor en Wikidata

Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.[1]

Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia. O 10 de xaneiro de 2016 foi investido presidente da Generalitat de Cataluña (o cento trinta) polo Parlamento de Cataluña[2] grazas ó acordo levado a cabo o día antes entre Junts pel Sí e a CUP e no cal se anunciou que substituiría a Artur Mas como presidente da Generalitat en troques de garantir a estabilidade parlamentaria no Goberno.[3][4] O 14 de xaneiro do mesmo ano presentou o seu novo Goberno da Generalitat. Asociouse ó Partit Demòcrata o 10 de xullo de 2016.

O seu goberno promoveu un referendo de independencia o 1 de outubro de 2017. O 28 de outubro do mesmo ano o goberno español, coa aplicación do artigo 155 da Constitución española de 1978, destituíuno do seu cargo, conxuntamente cos conselleiros do seu goberno, unha decisión que non aceptaron nin el nin os membros do Goberno.[5] O mesmo día, o Parlamento declarara formalmente a independencia.[6] O 30 de outubro de 2017 Puigdemont marchou a Bruxelas xunto con catro conselleiros do seu goberno, Clara Ponsatí, Antoni Comín, Lluís Puig e Meritxell Serret.[7][8] O 25 de marzo de 2018 foi retido en Alemaña cando se dirixía cara a Bélxica despois de que se activase unha orde europea de detención contra el.[9] Despois de doce días en prisión provisional, foi posto en liberdade o 6 de abril en medidas cautelares.[10] O 10 de maio de 2018 suxeriu como candidato á Presidencia da Generalitat de Cataluña ó editor Joaquim Torra. Dous meses despois presentou o proxecto de Crida Nacional per la República.[11]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Carles Puigdemont, de pequeno (á dereita), á beira do seu irmán máis vello.

Fillo de Xavier Puigdemont e de Núria Casamajó, foi o segundo de oito irmáns dunha familia dedicada tradicionalmente á repostería [12]. Recibiu o seu nome polo seu avó, Carles Casamajó, que no inverno de 1939, ao remate da Guerra Civil, marchou ao exilio en Francia desde onde enviaba cartas á familia, antes de desaparecer en 1943 sen deixar rastro[13]. Pola súa banda, seu avó paterno, Francesc Puigdemont, fuxiu do bando republicano logo do seu chamamento a filas e refuxiouse na serra de Cádiz e en Burgos[14].

Cursou os estudos básicos e o bacharalato na súa vila natal Amer, na provincia de Xirona, e no internado católico de Santa Maria del Collell e alí tivo como mestres ao escritor Manuel Costa-Pau e ao cantautor Josep Tero, entre outros[15]. Foi baixista co grupo de pop-rock Zènit que tocaba en festas locais[16] e fundou con Salvador Clarà a publicación local Espelt[17]. Aos 16 anos comezou a exercer como correspondente para o xornal Los Sitios, de Xirona, enviando crónicas futbolísticas e outras noticias.[18]

Empezou estudos de Filoloxía catalá na Universidade de Xirona, abandonados polas tarefas como xornalista[19]. Foi redactor xefe de El Punt, diario no que comezou a traballar en febreiro de 1982 como corrector lingüístico[20], e que compaxinou con tarefas para a revista Presència.

En 1988 reuniu referencias da prensa internacional sobre Cataluña, material que deu como froito a publicación en 1994 do libro Cata... què? Catalunya vista per a premsa internacional.[21] É membro do Colexio de Xornalistas de Cataluña.

Inicios na política

[editar | editar a fonte]

En canto á súa traxectoria política, foi alcalde de Xirona dende o ano 2011 e deputado no Parlamento de Cataluña dende 2006. Nas pasadas[cando?] eleccións foi dentro da coalición Junts pel Sí (no terceiro posto pola circunscrición de Xirona[22]). Ocupou o cargo de presidente da Associació de Municipis per la Independència dende o 17 de xullo de 2015,[23] en substitución de Josep Maria Vila d'Abadal.

É un dos principais impulsores do independentismo catalán dentro das filas de CDC:

[desexo a independencia de Cataluña] porque non hai outro instrumento que nos permita sobrevivir como país, como sociedade, como cultura e como un proxecto colectivo. Xa non podemos existir como cataláns tal e como o fixeramos até agora. Se non o mudamos, cousa que só pode darse a través da independencia, acabará a idea de cataláns. Eu non o acepto nin me resigno ante ese futuro. Non lle vexo outro camiño ca o da independencia. E, de feito, os outros camiños xa os tentamos todos.[24]

2012-2016

[editar | editar a fonte]

En 2012 foi denunciado pola Avogacía do Estado español por destinar cartos públicos para a contratación de trens especiais a Renfe co gallo da celebración da manifestación «Catalunya, nou estat d'Europa», e en 2015 foi investigado pola Fiscalía da Audiencia Nacional polo apoio do Concello de Xirona á Declaración de inicio do proceso de independencia de Cataluña do Parlament de Catalunya. Ese mesmo ano, a Candidatura d'Unitat Popular, que criticou especialmente o modelo turístico da cidade, impugnou a contratación dos cargos de confianza do goberno municipal.

Presidencia da Generalitat de Cataluña

[editar | editar a fonte]

O 9 de xaneiro de 2016, tras unha longa e ardua negociación,[25] a CUP e Junts pel Sí chegaron a un acordo para investir a Puigdemont como presidente de Cataluña en detrimento de Artur Mas.[26][27]

O 19 de setembro de 2016 o Presidente da Generalitat Valenciana Ximo Puig e o seu homólogo Carles Puigdemont reuníronse no Palacio da Generalitat Valenciana e asinaron o acordo de reciprocidade das canles da Corporación cos da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais. O acordo incluía a creación dunha comisión técnica mixta con Cataluña para que, tan pronto como a Corporación empezase a emitir, coa dita reciprocidade.

En setembro de 2017, o fiscal xeral do Estado de España, José Manuel Maza, evocou a posibilidade de deter a Carles Puigdemont por malversación de fondos públicos.[28]

O 27 de outubro de 2017, despois de que o Parlamento de Cataluña proclamase a República Catalá ao amparo dos resultados do referendo do día 1 de outubro, o Senado de España aprobou as medidas propostas polo goberno ao amparo do artigo 155 da Constitución española, entre elas a destitución de Carles Puigdemont como Presidente da Generalitat de Cataluña, así como o resto de conselleiros e o vicepresidente do Goberno de Cataluña, inmediatamente despois foi publicado no Boletín Oficial del Estado[29] en aplicación do artigo nº 155 da Constitución española de 1978. O goberno da Generalitat, a través do presidente Puigemont, non recoñeceu o cesamento por parte do Goberno de España [30]; así mesmo, o vicepresidente Oriol Junqueras cualificou a decisión do executivo de Mariano Rajoy como "antidemocrática".[31]

Traslado a Bruxelas

[editar | editar a fonte]

O 29 de outubro de 2017 emprendeu viaxe a Bruxelas saíndo en coche ao amencer desde o seu domicilio en Xirona por La Jonquera e tomando un voo desde Marsella a Bruxelas.[32] O 31 de outubro de 2017, nunha rolda de prensa ofrecida desde Bruxelas, demandou garantías dun xuízo imparcial para acceder a volver a España, afirmando a súa intención de quedar en Bruxelas e mantendo a súa actividade política desde alí.[33] Presentou a súa candidatura nas eleccións do 21 de decembro de 2017 e foi elixido deputado.

Periplo alemán

[editar | editar a fonte]

O 25 de marzo de 2018 a policía alemá, en coordinación loxística co Centro Nacional de Intelixencia,​ detivo a Puigdemont nunha gasolineira do Estado federado alemán de Schleswig-Holstein, tras cruzar a fronteira entre Dinamarca e Alemaña en coche por onde volvía a Bélxica de dar unha conferencia en Finlandia. Quedou en situación de «arresto provisional»,​ e ingresou na prisión de Neumünster.​ O 5 de abril de 2018 a xustiza alemá deixouno en liberdade baixo fianza de 75.000 euros mentres decidía sobre a extradición a España.​ O tribunal de Schleswig-Holstein rexeitou o delito de rebelión e non apreciou a consumación do delito de alta traizón segundo a lexislación alemá. A orde europea de detención e entrega de Puigdemont continuaba vixente a mediados de 2018 por delitos como malversación. En xullo de 2018 os tribunais de Schleswig-Holstein decidiron por unha banda rexeitar o delito de rebelión[34] do que o acusaba a xustiza española e pola outra aceptar a extradición do mandatario a España polo posible delito de malversación.[35] O 19 de xullo de 2018 o xuíz Llarena renunciou a aceptar a extradición só polo delito de malversación ao consideralo inxusto cos outros procesados[36]

Suspensión no cargo

[editar | editar a fonte]

O 9 de xullo de 2018 o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena deu por concluído o sumario contra os 18 procesados. O xuíz ordenou suspender como deputados a Carles Puigdemont, Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Turull, Josep Rull e Jordi Sànchez,[37] ofrecendo ao Parlamento catalán a súa substitución temporal[38].


O 8 de agosto de 2024 Puigdemont regresou a España despois de sete anos de exilio autoimposto en Bélxica, o día da toma de investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat. Logo de pronunciar un discurso no Arco de Triunfo de Barcelona desapareceu e desencadeou unha operación policial a grande escala. A policía catalá estableceu bloqueos e detivo un axente cuxo coche presuntamente se utilizou na fuga de Puigdemont.

  1. Puigdemont, President da Generalitat. Catalunya inicia o camiño cara á independencia Arquivado 12 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 10 de xaneiro de 2016.
  2. Parlament de Catalunya, ed. (10 de xaneiro de 2016). "El Parlament investeix Carles Puigdemont president de la Generalitat". Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  3. VilaWeb (ed.). "Junts pel Sí i la CUP tanquen un acord per a dur endavant la legislatura". Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  4. Generalitat de Catalunya, ed. (9 de xaneiro de 2016). "President Mas: "Faig aquest servei perquè tinc present l'interès del país per sobre de qualsevol altre"". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  5. El Nacional, ed. (28 de outubro de 2017). "El Govern fa pública la declaració i manté que Puigdemont és el president" (en catalán). Consultado o 1 de novembro de 2017. 
  6. Gobierno de España, ed. (27 de outubro de 2017). "Disposición 12327 del BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  7. "Puigdemont y parte de su Govern se refugian en Bélgica para evitar a la justicia española". eldiario.es (en castelán). 
  8. "El abogado de Puigdemont prevé que siga en Bruselas hasta mediados de enero". La Vanguardia. 
  9. 324.cat, ed. (25 de marzo de 2018). "Alemanya reté Puigdemont quan entrava al país des de Dinamarca". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  10. "Puigdemont: La Justicia alemana deja en libertad al expresident y descarta el delito de rebelión". La Vanguardia. 
  11. Esculies, Joan (21 de xullo de 2018). "Opinió | La Crida Nacional, el ‘melting pot’ independentista". El País (en catalán). 
  12. González, Sara (9 de xaneiro de 2016). "Puigdemont: un fill de pastissers al Palau de la Generalitat?". Ara. 
  13. Josep Riera i Font (2016). Em dic Carles. Ara Llibres. ISBN 978-84-16154-53-1. 
  14. "Habla Benaocaz, el pueblo que acogió al refugiado Puigdemont". El Mundo. 18 de outubro de 2017. 
  15. Céspedes, David (10 de xaneiro de 2016). "Qui és Carles Puigdemont?". Diari de Girona. 
  16. Costa-Pau, Marta (15 de xaneiro de 2016). "De l’austeritat a Zènit: retrat del nou president de la Generalitat". Ara Comarques Gironines. 
  17. Céspedes, David (15 de xaneiro de 2015). "El passat periodístic i musical del nou president de la Generalitat". Diari de Girona. 
  18. "Carles Puigdemont, así es el próximo president de Catalunya". La Vanguardia. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  19. Carles Puigdemont, de alcalde de Girona a president de la Generalitat, artigo en La Vanguardia o 9 de xaneiro de 2016 (en castelán).
  20. CiU Girona (ed.). "Perfil de Carles Puigdemont". 
  21. Cata... què? Catalunya vista per a premsa internacional, ficha en www.casadellibro.com
  22. Carles Puigdemont (Convergència) será president de la Generalitat tras el acuerdo de JxSí y CUP, Catalunya Plural, Eldiario.es (en catalán).
  23. Carles Puigdemont, rostro del independentismo municipal, El Mundo, 9 de xaneiro de 2016 (en castelán).
  24. Carles Puigdemont: ‘Tinc el convenciment que la nostra generació pot aconseguir la independència’, Vilaweb.cat, 3 de marzo de 2014 (reeditada o 9 de xaneiro de 2016) (en catalán).
  25. "Cronología de una negociación agónica", El Mundo, 9 de xaneiro de 2016 (en castelán).
  26. Junts pel Sí i la CUP tanquen un acord per a dur endavant la legislatura, Vilaweb.cat, 9 de xaneiro de 2016 (en catalán).
  27. Mas fa un pas al costat i el substituirà Puigdemont, Diari Ara, 9 de xaneiro de 2016 (en catalán).
  28. "Fiscalía española no descarta la detención de Puigdemont". TeleSUR. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  29. Boletín Oficial del Estado, 27 de octubre de 2017.
  30. O Govern de Puigdemont non recoñece a súa destitución Arquivado 30 de outubro de 2017 en Wayback Machine., Informativos, Televisión de Galicia, 28 de outubro de 2017.
  31. Junqueras: En el camí que ens queda per recórrer, El Punt Avui, 29 de outubro de 2017 (en catalán).
  32. Puigdemont y miembros del Govern destituido se trasladan a Bélgica
  33. Directo independencia de Cataluña: Puigdemont pide garantías de un juicio imparcial para volver a España
  34. Alemanya tomba el delicte de rebel·lió de Puigdemont, El Periódico, 12 de xullo de 2018 (en catalán).
  35. "La justicia de Alemania decide extraditar a Puigdemont solo por malversación". 
  36. "Llarena renuncia á extradición de Puigdemont após ser limitada por Alemaña ao delito de malversación". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  37. Llarena cierra el sumario del procés y suspende como diputados a Puigdemont y Junqueras. El País, 10 de xullo de 2018 (en castelán).
  38. Llarena suspèn els diputats empresonats i Puigdemont. Ara, 10 de xullo de 2018 (en catalán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]