Carreira profesional
Unha carreira profesional é o conxunto ordenado de expectativas de promoción profesional, de mobilidade e de aumentar o recoñecemento do exercicio no mesmo lugar de traballo do que dispón un empregado dende o momento da súa admisión ata o momento en que deixa de prestar servizos nunha organización.[1][2]
O termo "carreira" tamén se emprega noutros eidos para referirse, por exemplo, á carreira deportiva, á escolar ou á universitaria.[3]
Cambios históricos nas carreiras
[editar | editar a fonte]A finais do século XX, un amplo abano de opcións (especialmente no rango de profesións potenciais) e o maior alcance da educación fixo posible planificar (ou deseñar) unha carreira. Tamén é frecuente nos adultos de finais do século XX e comezos do XXI ter unha carreira dobre ou múltiple, de xeito secuencial ou ó mesmo tempo. Así, as identidades profesionais téñense hibridado para reflectir este cambio na ética do traballo. O economista Richard Florida observa esta tendencia de xeito xeral e máis especificamente entre a "clase creativa".
Xestión da carreira
[editar | editar a fonte]A xestión da carreira describe o manexo activo e decidido dunha carreira por un individuo. Teorías sobre o que implica ter "habilidades de xestión da carreira" son descritas polo modelo Blueprint (nos Estados Unidos, o Canadá, Australia, Escocia e Inglaterra)[4][5] e as Sete Cs da alfabetización dixital (especificamente relacionadas coas habilidades en Internet).[6]
As habilidades clave inclúen a capacidade de cavilar sobre a súa carreira actual, investigar no mercado de traballo, determinar se a educación é necesaria, atopar aperturas e facer cambios na súa carreira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carrera". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ «Carrera professional» Arquivado 14 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Glossari de la funcó pública, Generalitat de Catalunya
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carreira.
- ↑ Careers Blueprint. Excellence Gateway. Retrieved on 2014-01-11.
- ↑ Hooley, T.; Watts, A. G.; Sultana, R. G.; Neary, S. (2013). "The 'blueprint' framework for career management skills: a critical exploration". British Journal of Guidance & Counselling 41 (2): 117. doi:10.1080/03069885.2012.713908.
- ↑ Hooley, T. (2012). "How the internet changed career: framing the relationship between career development and online technologies" (PDF). Journal of the National Institute for Career Education and Counselling (NICEC) 29: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2017.