Saltar ao contido

Celestino Sánchez Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelestino Sánchez Rivera
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1431271

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Celestino Sánchez Rivera (x) coa colonia estranxeira en Cuntis, 1921.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi conservador do Hospital Real de Santiago de Compostela e cronista da cidade. Mercou e dirixiu El Eco de Santiago, onde escribiu co pseudónimo de Diego de Muros. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.[1] En 1944 foi nomeado cronista oficial de Compostela.[1] Foi vogal de Propaganda e Prensa da Archicofraría do Apóstolo e conservador do Arquivo Provincial. Finou en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1948.[2]

  • Breve reseña histórica y artística del Gran Hospital de Santiago, 1910.
  • El monasterio y templo de Santa María la Real de Sar, único en el mundo por su inclinada construción, 1920.
  • Notas compostelanas. Historia, tradiciones, leyendas, miscelánea, 1947.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Comendador don Placa de Afonso X o Sabio.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Calvo Zavala e foi pai de Ramiro Sánchez Calvo.

  1. 1,0 1,1 "Celestino Sánchez Rivera". Real Academia Galega. 
  2. Necrolóxica en El Correo Gallego, 1-12-1948, p. 1, 2, 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 Cronista de Santiago de Compostela 
1944 - 1948
Sucesor:
Raimundo García Domínguez