Saltar ao contido

Joaquín Freire de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Freyre de Andrade y Valverde
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1882 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Joaquín Freyre de Andrade y Valverde, nado na Coruña o 31 de xullo de 1882 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1972, foi un xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
No pazo de Meirás asistiu Freyre aos faladoiros da Pardo Bazán.

Doutorouse en Filosofía e Letras en Madrid, onde gañou unha cátedra na Escuela de Estudios Especiales del Ateneo. Foi número un no concurso para a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Escola Superior de Pforzheim, Alemaña. En 1909 obtivo unha bolsa da JAE para estudar en Roma e Florencia.[2] De volta na Coruña colaborou con El Orzán, así como noutros xornais e revistas. Tivo amizade coa familia de Emilia Pardo Bazán e asistiu aos seus faladoiros en Madrid e no Pazo de Meirás, o que lle valeu coñecer e tratar ás personalidades da literatura da época.[3]

Foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes dende o 11 de xuño de 1949, inda que non chegou a presentar discurso de ingreso e a súa praza declarouse deserta en 1953.[4] Presidiu a Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos (1951-1953).

Despois de ser correspondente durante corenta anos, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 30 de novembro de 1956, a proposta de Manuel Casás Fernández, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, co discurso Linares Rivas, dramaturgo contemporáneo[5], relativo ao santiagués Manuel Linares-Rivas Astray, lido por Julio Rodríguez Yordi (Freyre estaba afónico),[6] respondido por Carré.

Segundo José Luis Bugallal Marchesi, por desgana, non deixou obra impresa.[3]

  1. "Joaquín Freire de Andrade y Valverde". Real Academia Galega. 
  2. Gaceta de instrucción pública y bellas artes, p. 1770, 25/9/1909.
  3. 3,0 3,1 Bugallal, J. L. (1977). "Joaquín Freyre de Andrade y Valverde". Boletín da Real Academia Galega (359): 340–343. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  4. "Listado histórico de académicos numerarios" RAGBA.
  5. * Freire de Andrade, Joaquín (2019). Manuel Linares Rivas, comediógrafo contemporáneo. Real Academia Galega. 
  6. La Noche, 1/12/1956, p. 2 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]