Chamaeleo calyptratus
Chamaeleo calyptratus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chamaeleo calyptratus macho | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Chamaeleo calyptratus Duméril & Bibron, 1851 | |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Chamaeleo calyptratus
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Chamaeleo calyptratus é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos iguanios, familia dos camaleónidos e subfamilia dos camaleoninos, propia da península de Arabia, onde se encontra no oeste do Iemen e da Arabia Saudita.
A especie foi introducida en Hawai, onde é invasora no ecosistema local. Hai unha poboación reprodutora establecida en Maui.[2] Tamén se pode encontar na Florida, en plena natureza, onde mascotas escapadas estableceron poboacións estábeis.[1][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1851 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril, e o seu compatriota e tamén zoólogo, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron, na súa obra Catalogue Methodique de la Collection des Reptiles. Museo Nacional de Historia Natural de Francia, París: Gide & Baudry, pp: 1-224 (Ver o texto íntegro).
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero véxase Chamaeleon.
O epíteto específico, calyptratus, deriva do grego antigo καύπτρω calýptrō, "cubrir", "envolver", "ocultar", de καύπτρα calýptra, "cuberta", "veo",[4] en alusión á capaciade deste animal para ocultarse, mimetizándose co seu contorno.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén, entre outro, polos sinónimos seguintes:[5]
- Chamaeleo calcaratus Peters, 1870
- Chamaeleo calcarifer Peters, 1871
- Chamaeleo chamaeleon calcarifer Peters, 1871
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[5]
- Chamaeleo calyptratus calcarifer Peters, 1871, de Arabia Saudita.
- Chamaeleo calyptratus calyptratus Duméril & Bibron, 1851 do Iemen.
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]O macho mide de 43 a 61 cm de longo desde a punta do fociño até a punta da cola. É de cor verde con raias amarelas e alaranxadas, a diferenza das femias, uniformemente azuladas ou verdes; ademais, o macho ten unha especie de esporón nas patas. A femia é máis pequena, non pasa dos 35 cm aproximadamente, pero ten o corpo máis groso. Ambos os sexos teñen un casco na cabeza que se fai maior a medida que o camaleón medra, alcanzando aproximadamente 5 cm nos adultos máis grandes. Os pequenos acabados de criar teñen cor verde e desenvolven raias a medida que medran. As femias adultas son verdes con mnchas brancas, alaranxadas, amarelas ou bronceadas. Os machos adultos son máis brillantes, con bandas máis definidas de cor amarela ou azul e algunhas pencas.[6]
A súa masa corporal media é de 306,66 g.[7]
A súa coloración pode verse afectada por varios factores, incluído o status social. En condicións experimentais, os camaleóns mozos criados illadamente son máis escuros que os criados con outros individuos.[8] As femias cambian de cor durante os seus ciclos reprodutivos.[9] Estes camaleóns tamén tenden a cambiar a unha cor moito máis escura cando están estresados.[6]
Costumes, hábitat e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Chamaeleo calyptratus vive nunha serie de tipos de hábitats na súa área de distribución natural, incluíndo chairas, montañas e vales. Como outros camaleóns, é unha especie arbórea, vive en árbores, arbustos e outras plantas grandes. Prefire as zonas húmidas cunha alta amplitude térmica, xeralmente entre os 24 a os 35 °C durante o día e de non menos de 20 °C pola noite.[6]
Chamaeleo calyptratus é omnívoro. Aliméntase de insectos, pero tamén come materia vexetal, especialmente como fonte de auga.[6]
A súa lonxevidade é de aproximadamente 5 anos para as femias e de até 8 anos para os machos. Alcazan a madurez sexual aos catro ou cinco meses de idade. Crían máis de unha vez ao ano. A femia pon até 85 ovos, que enterra na area. Os ovos son brancos cunha casca dura.[6] Os embrións experimentan unha diapausa, un tempo no que están durmidos no ovo antes de comezar a desenvolverse. O aumento da temperatura no substrato inicia o desenvolvemento.[10]
Os machos exhíbense diante das femis durante o cortexo nupcial, realizando comportamentos como "rodar a cabeza" e "frotar a barbela". As femias cambian de cor cando son receptivas para a reprodución, e os machos teñen máis probabilidade de cortexalas durante este tempo.[9]
En catividade
[editar | editar a fonte]Este camaleón pode criarse en terrarios.[11] É a especie máis común de Chamaeleo no comercio de mascotas. É doado de criar e prolífico na súa produción de ovos. Tolera unha gran variedade de condicións e sobrevive ben en cativerio.[6]
Na cultura
[editar | editar a fonte]Chamaeleo calyptratus é o logotipo do sistema operativo SUSE Linux.[12][13]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Femia
-
Macho
-
Macho (subespecie do Iemen)
-
Esqueleto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wilms, T.; Sindaco, R. & Shobrak, M. (2012): Chamaeleo calyptratus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 15 de novembro de 2019.
- ↑ Detecting the Veiled Chameleon (Chamaeleo calyptratus) on Maui: Enhancing Control of an Injurious Species. First Progress Report. Maui Invasive Species Committee.
- ↑ Chamaeleo calyptratus, en Everglades Cooperative Invasive Species Management Area.
- ↑ Urs Eggli & Leonard E. Newton (2004): Etymological Dictionary of Succulent Plant Names. Berlin / Heidelberg / New York: Springler-Verlag. ISBN 978-3-6420-5597-3.
- ↑ 5,0 5,1 Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril, 1851 en The Reptile Database.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Veiled Chameleon. Arquivado 17-12-2011 en Wayback Machine. Smithsonian National Zoological Park.
- ↑ Cone Head Chameleon. Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril 1851 na EOL.
- ↑ Ballen, C., et al. (2014): Effects of early social isolation on the behaviour and performance of juvenile lizards, Chamaeleo calyptratus. Animal Behaviour 88: 1-6.
- ↑ 9,0 9,1 Kelso, E. C. & P. A. Verrell (2002): Do male veiled chameleons, Chamaeleo calyptratus, adjust their courtship displays in response to female reproductive status? Ethology 108 (6): 495-512.
- ↑ Andrews, R. M. & S. Donoghue (2004): Effects of temperature and moisture on embryonic diapause of the veiled chameleon (Chamaeleo calyptratus) Arquivado 08 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Journal of Experimental Zoology 301A: 629-635.
- ↑ Philippe Gérard (2004): Le terrarium: manuel d'élevage et de maintenance des animaux insolites. Le Bourg, Maurens, Francia: Animalia éditions. ISBN 2-9157-4007-0, p. 88.
- ↑ Linux Questions: What kind of lizard is the SUSE mascot
- ↑ "Veiled Chameleon Care". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 15 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamaeleo calyptratus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chamaeleo calyptratus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrews, R. M. (2008). Effects of incubation temperature on growth and performance of the veiled chameleon (Chamaeleo calyptratus). Journal of Experimental Zoology Part A: Ecological Genetics and Physiology 309 (8): 435-46.
- Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1.
- Herrel, A., et al. (2014). The scaling of tongue projection in the veiled chameleon, Chamaeleo calyptratus. Zoology 117: 227-236.
- Le Berre, François; Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.
- McCartney, K. L., et al. (2014). The effect of carotenoid supplementation on immune system development in juvenile male veiled chameleons (Chamaeleo calyptratus). Frontiers in Zoology 11: 26.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chamaeleo calyptratus. Veiled Chameleon na ADW. Amplísimas informacións e referenias (en inglés).
- Cone Head Chameleon. Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril 1851 na EOL.