Cola (zooloxía)
A cola ou rabo é o extremo posterior do corpo dun animal, especialmente cando este forma un apéndice flexíbel e distinguíbel do tronco.
As colas son casa exclusivas dos vertebrados; porén, algúns invertebrados teñen apéndices similares a colas, como os escorpións ou os colémbolos.
Función
[editar | editar a fonte]As colas desempeñan diversas funcións nos animais. Os peixes e outras formas de vida mariña úsanas para a locomoción, mentres que algúns animais terrestres empréganas para manteren o equilibrio (por exemplo, os gatos) e incluso para suxeitárense (por exemplo, moitos primate).
Pódense usar tamén para facer sinaies sociais, como os cérvidos para indicar un posíbel perigo. E por diferentes tendencias evolutivas chegouse a que se orixinaran colas coas que se pode atacar, algunhas delas con veleno, como ocorre nos escorpións.
Algúns lagartos poden desprenderse da cola, cando é necesario, co obxectivo de escapar dun depredador distraéndoo o tempo suficiente para fuxir. Xeralmente a cola volve a crecer co tempo (case sempre coa cor máis escura que a orixinal).
Na maioría das aves a cola está formada por plumas de maior lonxitude que outras do corpo; a súa función é actuar como "temón" para balancear e guiar ao animal no voo, e para axudar ao equilibrio cando pousa nas ramas.
Nalgúns mamíferos, como nos monos araña ou nalgunhas sarigüeias, a cola ten capacidade prénsil.
A cola nos humanos
[editar | editar a fonte]Os embrións humanos teñen unha cola que mide cerca dun sexto do tamaño do propio embrión.[1] Conforme este se trtansforma en feto, a cola é absorbida polo corpo en crecemento. Esta cola é, polo tanto, unha estrutura vestixial dos humanos; un atavismo.[2][3]
En raras ocasións nacen nenos con "colas brandas" que non conteñen vértebras, só vasos sanguíneos, músculos e nervios; porén existen pouquísimos casos documentados de colas con cartilaxes ou até con cinco vértebras.[4] Actualmente os médicos poden eliminar estas colas no momento do nacemento.
A cola humana máis longa da que se teña rexistro pertencía a un rapaz de doce anos na daquela Indochina Francesa, e medía 229 mm.[Cómpre referencia] Coñécese tamén o caso dun hindú chamado Chandre Oram, que se fixo famoso pola súa longa cola; crese, porén, que non era unha cola verdadeira senón un caso de espiña bífida.[Cómpre referencia]
Os seres humanos teñen un óso caudal (o cóccix) articulado á pelve, no mesmo lugar onde outros mamíferos teñen a cola. Este óso está formado por vértebras fusionadas (de tres a cinco, usualmente catro), ao final da columna vertebral e non sobresae externamente, aínda que si conserva un propósito anatómico: servir de sostemento para músculos (como o glúteo maior).
Galería de colas
[editar | editar a fonte]-
León (Panthera leo)
-
Porco (Sus domestica)
-
Cebra de Grévy (Equus grevyi)
-
Hipopótamo (Hippopotamus amphibius)
-
Mono araña de cabeza negra (Ateles fusciceps)
-
Pavón (Pavo cristatus)
-
Aligátor do Mississippi (Alligator mississipiensis)
-
Lactoria cornuta (no Aquarium Finisterrae)
-
Gliptodonte (Glyptodon asper)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Human fetuses have tails, proving that evolution is true". The Free Lance-Star. 5 de xullo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11/07/2012. Consultado o 23/11/2012.
- ↑ "Human tail–caudal appendage: tethered cord". Journal of Perinatology 28: 518-519 (July 2008). doi:10.1038/jp.2008.39. Consultado o 23/11/2012
- ↑ "The 'human tail' causing tethered cervical cord". Spinal Cord (2007) 45: 583–585. 14 de novembro de 2006. Consultado o 13/11/2012.
- ↑ Mouied Alashari e Joy Torakawa (2008): True Tail in a Newborn Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine., Pediatric Dermatology 12 (3), pp. 263–266, 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cola |