Chanel
Chanel S.A. | |
---|---|
Sede de Chanel en París. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1909 |
Localización | 135 Avenue Charles de Gaulle, 92521 Neuilly-sur-Seine Cedex París, Francia |
Fundador | Coco Chanel |
Persoas clave |
|
Industria | Moda |
Produtos | Alta costura Prêt-à-porter Perfume Xoiaría Accesorios |
Beneficio | € 6,3 billóns (2012)[1] |
Beneficio neto | € 1,56 billóns (2012) |
Número de empregados | 1.270 (2010) |
Na rede | |
https://www.chanel.com, https://www.chanel.com/us/, https://www.chanel.com/gb/, https://www.chanel.com/fr/, https://www.chanel.com/it/, https://www.chanel.com/lu-fr/, https://www.chanel.com/sg/, https://www.chanel.com/ch-de/, https://www.chanel.com/ch-fr/, https://www.chanel.com/ch-it/, https://www.chanel.com/at/ e https://www.services.chanel.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios.[2] Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante. Como deseñadora de moda, Coco Chanel creou un novo estilo para as mulleres, baseado na elegancia no vestir, con blusas, traxes, pantalóns e vestidos, xoias de pedras preciosas de deseño sinxelo. Este novo estilo substituíu as roupas e xoias do século XIX, que eran moi opulentos e constritivos. Os produtos da marca Chanel foron representados por modelos e actrices, como Inès de la Fressange, Catherine Deneuve, Carole Bouquet, Vanessa Paradis, Nicole Kidman, Anna Mouglalis, Hope Portocarrero, Audrey Tautou, Keira Knightley, Kristen Stewart[3] e Marilyn Monroe.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pull & Bear crece en Colombia con una nueva tienda en Bogotá Arquivado 13 de decembro de 2014 en Wayback Machine., Moda.es (en castelán).
- ↑ "Chanel". Fashion Model Directory. Consultado o 19 de xuño de 2008.
- ↑ Elena Núñez (13 de setembro de 2017). "Kristen Stewart, embajadora de la nueva fragancia de Chanel". Telva (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Laube, Mindy (7 de maio de 2008). "Chanel's new face: Audrey Tautou". The Age (Australia).