Clap Your Hands Say Yeah
Clap Your Hands Say Yeah | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Wichita |
Membros | Alec Ounsworth Robbie Guertin Lee Sargent Tyler Sargent Sean Greenhalgh |
Artistas relacionados | Uninhabitable Mansions, Radical Dads, Flashy Python |
Na rede | |
web | |
Clap Your Hands Say Yeah é unha banda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York e Filadelfia, Pensilvania. Formouse no ano 2005 e ese mesmo ano autodiaron o seu álbum de estrea, Clap Your Hands Say Yeah.
Historia
[editar | editar a fonte]Os membros da banda coñecéronse no Connecticut College e formaron Clap Your Hands Say Yeah posteriormente a principios do ano 2004, realizando concertos en Manhattan e Brooklyn. Destacan por ter conseguido a súa fama e o éxito comercial a través de Internet no canto dun selo discográfico. Pouco despois da edición do seu álbum de estrea, recibiron a atención de varios bloques e unha recensión favorable de Pitchfork Media. A demanda resultante para o álbum foi tal que a banda viuse forzada a re-prensar o CD, xa que a produción inicial quedou demasiado pequena. O grupo conseguiu aínda máis promoción despois de que David Bowie e David Byrne fosen vistos nalgúns dos seus concertos en 2005.
O 3 de outubro do 2005 asinaron un contrato co selo británico Wichita Recordings, e a banda editou o seu segundo traballo, Some Loud Thunder, o 29 de xaneiro do 2007 nos Estados Unidos.
O 18 de setembro do 2007 foi lanzado Live at Lollapalooza 2007: Clap Your Hands Say Yeah en iTunes. Este está formado polo concerto completo que a banda realizou no festival Lollapalooza o día 4 de agosto dese mesmo ano.
Clap Your Hands Say Yeah apareceu na película do 2008 The Great Buck Howard, e o 21 de xaneiro de 2009, anunciouse que a banda abandonaba os seus plans de entrar no estudio para gravar o seu terceiro álbum, e que estaba tomándose un descanso mentres os seus membros se adicaban aos seus proxectos paralelos. O hiato público comezou a ter efecto despois de que a banda tocase na Brooklyn Academy of Music o 13 de febreiro do 2009, porén, o 4 de marzo interpretaron unha nova canción no programa Late Night with Jimmy Fallon, titulada "Statues", e que pode ser descargada de balde na súa páxina oficial. O hiato foi desmentido máis tarde cando o grupo asinou para encabezar o 40 Acres Fest na Universdade de Texas en abril de 2009.
Alec Ounsworth lanzou a súa estrea en solitario, Mo Beauty, a finais do 2009 mentres que ao mesmo tempo editaba Skin and Bones, o primeiro álbum coa súa outr banda, Flashy Python. Robbie e Tyler estiveron tocando noutro proxecto chamado Uninhabitable Mansions, xunto con Annie Hart de Au Revoir Simone. Editaron un 7" e tamén un álbum, titulado Nature Is a Taker. Robbie tamén toca a batería noutra banda, Radical Dads.
Recentemete o batería Sean Greenhalgh ten producido gravacións para un feixe de bandas como Takka Takka, Conversion Party, Sam Izdat, Radial Dads e Tom McBride.
No 2008, Lee e Tyler Sargent tocaron na banda sonora de James Lavino para a película de Alex Karpovsky Woodpecker.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Clap Your Hands Say Yeah | 2005 | Wichita Recordings |
Some Loud Thunder | 2007 | V2 Records |
Hysterical | 2011 | V2 Records |
Only Run | 2014 | Xtra Mile Recordings |
The Tourist | 2017 | CYHSY Inc. |
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]EPs
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)