Saltar ao contido

Clap Your Hands Say Yeah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clap Your Hands Say Yeah
OrixeBrooklyn, Nova York,
Período2005 - presente
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Wichita
MembrosAlec Ounsworth
Robbie Guertin
Lee Sargent
Tyler Sargent
Sean Greenhalgh
Artistas relacionadosUninhabitable Mansions, Radical Dads, Flashy Python
Na rede
web
IMDB: nm2192394 Facebook: clapyourhandssayyeah Twitter: cyhsyband Instagram: cyhsyband MySpace: clapyourhandssayyeah Youtube: UCoH-IjclyeobJsGv2j8hmjw Bandcamp: clapyourhandssayyeahSouncloud: cyhsy Spotify: 1jSaZgaKHmgc7VTgML528r iTunes: 81899300 Last fm: Clap+Your+Hands+Say+Yeah Musicbrainz: 4b2d6a23-034d-4a29-9bb9-d2462796da4e Songkick: 15898 Discogs: 336649 Allmusic: mn0000845918 Deezer: 1352 Editar o valor en Wikidata

Clap Your Hands Say Yeah é unha banda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York e Filadelfia, Pensilvania. Formouse no ano 2005 e ese mesmo ano autodiaron o seu álbum de estrea, Clap Your Hands Say Yeah.

Os membros da banda coñecéronse no Connecticut College e formaron Clap Your Hands Say Yeah posteriormente a principios do ano 2004, realizando concertos en Manhattan e Brooklyn. Destacan por ter conseguido a súa fama e o éxito comercial a través de Internet no canto dun selo discográfico. Pouco despois da edición do seu álbum de estrea, recibiron a atención de varios bloques e unha recensión favorable de Pitchfork Media. A demanda resultante para o álbum foi tal que a banda viuse forzada a re-prensar o CD, xa que a produción inicial quedou demasiado pequena. O grupo conseguiu aínda máis promoción despois de que David Bowie e David Byrne fosen vistos nalgúns dos seus concertos en 2005.

O 3 de outubro do 2005 asinaron un contrato co selo británico Wichita Recordings, e a banda editou o seu segundo traballo, Some Loud Thunder, o 29 de xaneiro do 2007 nos Estados Unidos.

O 18 de setembro do 2007 foi lanzado Live at Lollapalooza 2007: Clap Your Hands Say Yeah en iTunes. Este está formado polo concerto completo que a banda realizou no festival Lollapalooza o día 4 de agosto dese mesmo ano.

Clap Your Hands Say Yeah apareceu na película do 2008 The Great Buck Howard, e o 21 de xaneiro de 2009, anunciouse que a banda abandonaba os seus plans de entrar no estudio para gravar o seu terceiro álbum, e que estaba tomándose un descanso mentres os seus membros se adicaban aos seus proxectos paralelos. O hiato público comezou a ter efecto despois de que a banda tocase na Brooklyn Academy of Music o 13 de febreiro do 2009, porén, o 4 de marzo interpretaron unha nova canción no programa Late Night with Jimmy Fallon, titulada "Statues", e que pode ser descargada de balde na súa páxina oficial. O hiato foi desmentido máis tarde cando o grupo asinou para encabezar o 40 Acres Fest na Universdade de Texas en abril de 2009.

Alec Ounsworth lanzou a súa estrea en solitario, Mo Beauty, a finais do 2009 mentres que ao mesmo tempo editaba Skin and Bones, o primeiro álbum coa súa outr banda, Flashy Python. Robbie e Tyler estiveron tocando noutro proxecto chamado Uninhabitable Mansions, xunto con Annie Hart de Au Revoir Simone. Editaron un 7" e tamén un álbum, titulado Nature Is a Taker. Robbie tamén toca a batería noutra banda, Radical Dads.

Recentemete o batería Sean Greenhalgh ten producido gravacións para un feixe de bandas como Takka Takka, Conversion Party, Sam Izdat, Radial Dads e Tom McBride.

No 2008, Lee e Tyler Sargent tocaron na banda sonora de James Lavino para a película de Alex Karpovsky Woodpecker.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Clap Your Hands Say Yeah 2005 Wichita Recordings
Some Loud Thunder 2007 V2 Records
Hysterical 2011 V2 Records
Only Run 2014 Xtra Mile Recordings
The Tourist 2017 CYHSY Inc.

Álbums ao vivo

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]