Saltar ao contido

Concello de Norberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Norberg
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°05′00″N 15°57′00″L / 60.0833, 15.95
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västmanland Editar o valor en Wikidata
CapitalNorberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.448 (2024) Editar o valor en Wikidata (12,17 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Västmanland (landskap)
Q61648264 Traducir (–1973)
Q61640444 Traducir (1974–2001)
Q61640374 Traducir (2001–) Editar o valor en Wikidata
Superficie447,7 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnorberg.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: norbergs.kommun LinkedIn: norbergs-kommun-officiell Youtube: UCwEcu9vsD9QbDo_fEZJcjlg Editar o valor en Wikidata

Norberg é un concello sueco no condado de Västmanland.[1] A súa capital é a localidade de Norberg e no mes de setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 5 642 habitantes.[2]

A paisaxe é montañosa e é rica en lagos e humedais. A superficie do concello está principalmente cuberta por morena cuberta de bosque. O leito rochoso ten grandes tramos de leptitas que conteñen minerais. A mineiría existía na zona dende a Idade Media, pero a principios da década de 2020 todas as minas estaban pechadas, dependendo a economía local da actividade de pequenas empresas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello limita cos municipios de Fagersta e Sala no condado de Västmanland, e cos de Avesta, Hedemora e Smedjebacken no condado de Dalarna.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Granito con grandes tramos de leptitas con minerais conforman a meirande parte do leito rochoso do concello. No leito rochoso hai tamén a presenza de calcaria que deu lugar a varias áreas con rica vexetación. O concello está cuberto principalmente por morena cuberta de bosque. A paisaxe é montañosa e hai moitos lagos e zonas húmidas, como a turbeira elevada de Bredmossen. A principais áreas cultivadas abertas atópanse nos vales do Svartån e Norbergsån.[3]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-30. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 3, 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-12-30. 
  3. "Norberg - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-12-31.