Cosmic Egg é o segundo álbum de estudio da banda autraliana de hard rockWolfmother, publicado o 23 de outubro do 2009 a través do selo Modular Recordings. Trátase do primeiro traballo coa segunda formación do grupo, consistente no vocalista, compositor e guitarrista Andrew Stockdale, o baixista e teclista Ian Peres, o guitarrista Aidan Nemeth e o batería Dave Atkins, formada en 2009 despois de que os membros orixinais Chris Ross e Myles Heskett deixasen a banda en agosto de 2008. Tras o seu lanzamento, Cosmic Egg chegou ao número 3 da lista de álbums australiana da ARIA, a mesma posición que o primeiro traballo do grupo. O álbum foi a única edición de estudio en contar coa preseza de Atkins, que abandonaría Wolfmother en abril de 2010 durante a xira de presentación do disco.