Saltar ao contido

Crónica de Santo Isidoro de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chronicon sancti Isidori Legionensis anonymum
basílica de Santo Isidoro de León
Tamén coñecido comoAnnales Castellani Antiquitores
TipoCrónica
Datac.950, copia conservada do 1058
Lingua(s)lingua latina
Escriba(s)anónimo
Letraescritura visigótica
modificar datos en Wikidata ]

A Crónica de Santo Isidoro de León (Chronicon sancti Isidori Legionensis anonymum[Notas 1] ou tamén Annales Castellani Antiquitores) é unha crónica anónima que abarca entre os anos 618 e 939, é conservada nun manuscrito do ano 1058 escrito en lingua latina e estilizado en escritura visigótica. Agora consérvanse na Biblioteca Nacional en Madrid.[1]

Nomeada así pola basílica de Santo Isidoro de León onde se atoparon na primeira folla dun conxunto de anais de alcance principalmente xenealóxico, escritos pouco despois de 939 por un compilador anónimo. A datación baséase nunha referencia a Ramiro II (931951) como "o noso rei" cando se rexistra o seu enfrontamento cos mouros en Osma.

In era DCLVI · profetabit Mahomati seudeoprofete · in regno Sisibuti regis · et Isidoris Palensis aepiscopi.

Na era 656 (ano 618) · predicou o seudo-profeta Mahoma· Sisebuto reinaba no reino · e Isidoro era bispo Palense.

In era DCCLII · uenerunt sarracini in Spania · tempore Rudericu regis.

Na era 752 (ano 714) os sarracenos chegan a Hispania, en tempos do rei Rodrigo.

In era DCCCLII · exierunt foras montani de Malacoria · et uenerunt ad Castella.

Na era 852 (ano 814) · os foramontanos saíron de Malacoria · e chegaron a Castela.

In era DCCCLXXVI · fregerunt cortobesses Sotoscoba.

Na era 876 (ano 838) · os córdobeses arrasaron Sotoscueva.

In era DCCCLXXVIIII · ouit domnus Adefonsus rex in Obaeto VIII Kalendas martias.

Na era 879 (ano 841) · o noso señor o rei Afonso morre en Oviedo o oitavo día antes das calendas de marzo (22 de febreiro).

In era DCCCLXLIIII · populauit domnus Ordonius Legione · et in tertio anno sic fregit.

Na era 894 (ano 856) · o noso señor Ordoño repoboou León · e ao terceiro ano foi arrasado.

In era DCCCLXLVIII · populauit Rudericus commes Amaya et · fregit Talamanka.

Na era 898 (ano 860) · o conde Rodrigo repoboou Amaya · e asaltou Talamanca.

In era DCCCCIIII · fregit Rudericus commes Asturias.

Na era 904 (ano 866) · o conde Rodrigo arrasou Asturias.

In era DCCCCIIII · adeptus est in regnum domnu Adefonsu.

Na era 904 (ano 866) · o noso señor Afonso obtivo o reino.

In era DCCCCXX · populauit Didacus commes Burgus et Auuirna · pro iussionem domno Adefonso. Regnauit Adefonsus rex annos XLI · et migrauit a seculo in mense decembris· et suscepit ipso regno filio eius Garsea.

Na era 920 (ano 882) · o conde Diego repoboou Burgos e Ubierna · por orde do noso señor Afonso. O rei Afonso reinou 41 anos · e marchou para sempre no mes de decembro · e o seu fillo García sucedeuno no reino.

In era DCCCCL · populauerunt commites Monnio Nunniç Rauda · et Gondesalbo Telliç Hocsuma · et Gundesalbo Fredenandiz Aça · et Clunia et Sancti Stefani iusta fluuius Doyri.

Na era 950 (ano 912) · repoboaron os condes Munio Núñez, Roa · e Gonzalo Tellez Osma · e Gonzalo Fernández Aza · e Clunia e San Esteban xunto ao río Douro.

In era DCCCCLVIII · sic fregerunt cortobesses civitatem Burgus cum illorum nefandissimum regem Abderaheman tempore Ordoni princeps.

Na era 958 (ano 920) · os cordobeses, xunto co seu abominable rei Abd al-Raḥmān, arrasaron a cidade de Burgos en tempos do príncipe Ordoño.

Item secunda uice superuenerunt iterum in Burgos ipsos mauros · in era DCCCCLXXII · unde ouiabit illis rex noster Ranemirus in Ocsuma · et multa milia occiserunt de illis.

Por segunda vez os mouros chegaron a Burgos · na era 972 (ano 934) · pero o noso rei Ramiro saíu ao seu encontro en Osma · e morreron moitos milleiros deles.

In era DCCCCLXXXIIII · populauit Fredenando Gundesalbiç ciuitatem que dicitur Septepubplica cum Dei auxilio et iussionem principem Ranemirus · Deo gratias.

Na era 984 (ano 946) · Fernán González repoboou coa axuda de Deus e baixo o mando do príncipe Ramiro a cidade que chaman Sepúlveda · A Deus grazas.

In era DCCCCLXXVII · VI die II feria ora III sic demonstrabit Deus signum in celum · et uersus est sole in tenebris in uniuersum mundum quasi ora una · Post inde ad XVIIII dies · quod est VIIII idus agustus · diem quod celebratur xpistianis Sancti Iusti et Pastoris · die III feria · sic uenerunt cortoueses ad Septemmankas cum illorum nefantissimum regem Abterahaman cum omni exercito suo ibique fixerunt temptoria sua. Inuenerunt enim ibidem rex Ranemirus et eius comites qui erant cum illo congregati cum suas ostes idest Fredenando Gundesalbiç et Asur Fredenandiç et alia multitudo acmina preliatores. Adiubante Deo inruerunt super mauros · et ceciderunt ad gladio in die illa quasi tria milia uel amplius · ibique est captus mauro Aboyahia · Deinde ad XVI dies quod est XII kalendas sebtembris dum perrexissent mauros in fuga et subtraxissent se exire de xpistiannorum terra · ouiauerunt eis in locum que dicitur Leokaput et ribo nomine Verbera ibique dispersi sunt smahaelitas et mortui et expoliati sunt nimis · et gauisi sunt xpistiani sicut reversi sunt cum multa munera ·et letati sunt super illorum spoliis · et repleta est Galletia · et Castella · et Alaba · et Pampilonia cum illorum regem Garsea Santio. Deo gratias.

Na era 977 (ano 939) · o sexto día luns, á hora terceira (sete ou oito da mañá), foi cando Deus mostrou un sinal no ceo · e o sol fíxose escuridade en todo o mundo durante case unha hora · Dezanove días despois · é dicir, o 6 de agosto · día no que os cristiáns celebraban os santos Xusto e Pastor · un martes · os cordobeses chegaban a Simancas co seu abominable rei Abd al-Raḥmān e todo o seu exército, e alí arranxaron as súas tendas. Pero o rei Ramiro saíu ao seu encontro, rodeado de condes, que se uniron a el coas súas hostes, a saber: Fernán González e Ansur Fernández e outra multitude de efectivos. Coa axuda de Deus botáronse sobre os mouros · e alí caeron segados pola espada máis de tres mil · e entre outros o mouro Aboiahia · os demais fuxiron · Despois, o día dezaseis, é dicir, o 21 de agosto, como continuaban na súa fuxida, estando a punto de partir para a súa terra · os nosos homes opuxéronselles no lugar chamado Leokaput e no río que chaman Verbera · e alí os ismaelitas foron espallados, asasinados e desposuídos · e alegráronse os adoradores de Cristo · regresaron ás súas casas con rico botín · e repleta é Galicia · e Castela · e Áraba · e Pamplona, ​​co seu rei García Sánchez · A Deus grazas.[2]

  1. Nomeada así pola basílica de Santo Isidoro de León onde se atopou, non confundir coa Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum ou coa Chronica Majora de Isidoro de Sevilla.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Forum iudicum, Tabulae Chronologicae, Canones Ecclesiae et Opuscula Grammaticae". Biblioteca Digital Hispánica: 19. 1058. 
  2. Martín, José Carlos (2012). "Los Annales Castellani Antiquiores y Annales Castellani Recentiores: edición y traducción anotada". Reunido. Universidad de Oviedo.