Saltar ao contido

Río Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Douro
(es) Duero Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío
río aurífero
río principal Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica e Duero River Valley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEspaña Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial2.160 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaCastela e León, España, Distrito de Braganza, Portugal, Distrito da Guarda, Portugal, Distrito de Vila Real, Portugal, Distrito de Viseu, Portugal e Distrito do Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra de Urbión (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final0 m Editar o valor en Wikidata
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°00′00″N 2°54′35″O / 41.99989, -2.90969
41°08′N 8°40′O / 41.14, -8.66
Afluentes
48
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións897 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica97.290 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal675 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Douro ao seu paso por Zamora

O río Douro[1] (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).

Características

[editar | editar a fonte]

O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.

No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.

Afluentes principais

[editar | editar a fonte]
Conca do Douro.
Desembocadura do Douro na Foz do Douro.

Pola dereita

[editar | editar a fonte]

Pola esquerda

[editar | editar a fonte]
A presa de Aldeadávila posúe a central hidroeléctrica con maior produción en España.
Presa de Miranda.

O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa.

  • O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media).
  • Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude.
  • Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
Encoro Provincia Capacidade
(hm³)
Superficie
(ha)
Potencia
(MW)
Cuerda del Pozo España Soria 229 2176 7
Los Rábanos España Soria 8 98 4
San José España Valladolid 6 250 0,56
Villalcampo España Zamora 66 445 206
Castro España Zamora 26 180 190
Miranda Portugal Braganza 28 - 390
Picote Portugal Braganza 63 - 180
Bemposta Portugal Braganza 129 - 210
Aldeadávila España Salamanca 115 364 1143
Saucelle España Salamanca 181 589 525
Pocinho Portugal Guarda 83 - 186
Valeira Portugal Viseu 97 - 216
Régua Portugal Vila Real 95 160
Carrapatelo Portugal Porto 148 - 201
Crestuma-Lever Portugal Porto 110 - 108

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zamorano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]