Saltar ao contido

Cuproníquel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de 5 francos suízos, cuñada en cuproníquel.

O cuproníquel é unha aliaxe de cobre e níquel,[1] propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros. que pode tamén incorporar outros metais como ferro e manganeso.

Este metal pesado non ferroso no se corroe en áugoa de mar, xa que o seu potencial de eléctrodo é neutro con respecto á auga mariña. Debido a isto utilízase para tubaxes, intercambiadores de calor, aparatos de destilación e condensadores nos sistemas de auga de mar, así como para diversas ferramentas de uso mariño. Ás veces tamén se utiliza para propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros.

Pero o uso máis común desta aliaxe é para a cuñaxe de moitas moedas de circulación modernas de cor prateada, como as moedas de peso mexicano de $10, ou as do franco suízo (excepto a de 5 céntimos), o interior da moeda de 1 euro e o exterior da de dous euros, ou a moeda de 5 centavos ou Nickel, do dólar dos Estados Unidos.

A composición típica é de 75 % de cobre e 25 % de níquel, cunha cantidade mínima de manganeso.

No pasado, as moedas de prata foron substituídas polas de cuproníquel, por ser este metal moito máis económico que o níquel puro. A pesar de conter unha gran cantidade de cobre, a cor do cuproníquel é similar á da prata.

Cando se utiliza en termopares e resistores, o contido da aliaxe cambia: un 45 % de cobre e un 55 % de níquel.

Por outro lado, o monel é unha aliaxe de cobre e níquel que contén un 63 % do segundo.

Outros nomes

[editar | editar a fonte]

Á parte de cuproníquel, existen moitos outros termos que describen o mesmo material, ou materiais moi semellantes. Rexistradas como nomes comerciais encontramos alpaca, Argentan Minargent e o termo francés Cuivre blanc. En certos lugares, o cuproníquel tamén se coñece como hotel silver, prata alemá, german silver e chinese silver.

A tecnoloxía da aliaxe do cuproníquel foi xa utilizada polos chineses desde o século III a. C., baixo o nome de cobre branco (algunhas armas da época dos reinos combatentes estaban construídas con este material).

Os reis Agátocles de Siracusa (361 a.C. — 289 a.C.) e Pantaleón (ca. 190 a 180 a.C.) foron os primeiros no mundo en cuñar moedas de cuproníquel, posibelmente debido aos intercambios técnicos que se estableceran daquela entre a China e a rexión da Bactriana. A práctica de exportar os metais chineses, particularmente ferro, para o comercio, testemúñase ao redor dese período.

Desde aquela, o cuproníquel non foi utilizado para cuñar moedas outra vez até o século XVIII.

O cuproníquel é o revestimento de calquera moeda de medio dólar dos Estados Unidos (50 ¢) cuñadas desde 1971, e de todos os cuartos de dólar (25 ¢) e as moedas de dez centavos (10 ¢) feitas despois de 1965. Actualmente algunhas moedas, como as de 5 centavos estadounidenses, ou todas as moedas de Suíza excepto a de 5 rappen, e as moedas de 5, 10, 20 e 50 peniques británicas, están cuñadas en cuproníquel.

No século XX, os chalecos antibalas fixéronse comunmente con este material. Pero axiña foi substituído polo bronce porque ensuciaba.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuproníquel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]