Saltar ao contido

Moeda de 2 euros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reverso común da moeda de 2 euros, deseñado por Luc Luycx

A moeda de 2 euros, cuñada polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal neses países, está formada por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Ten un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado.

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]

Os cantos

[editar | editar a fonte]
Inscricións nos cantos das moedas de 2€
Estado Inscrición no canto Descrición
Alemaña "EINIGKEIT UND RECHT UND FREIHEIT" (Unidade e Xustiza e Liberdade), lema nacional alemán e o principio do seu himno.
Austria "2 EURO ★★★" catro veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo.
Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Mónaco, España "2 ★ ★" seis veces alternándose Cara a arriba e cara a abaixo.
Chipre "2 EURO 2 ΕΥΡΩ" dúas veces. (2 EURO en grego e turco).
Finlandia "SUOMI FINLAND" con tres cabezas de león (SUOMI significa Finlandia en finés, e FINLAND significa Finlandia en sueco, os dous idiomas oficiais de Finlandia).
Grecia "ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ★" (ELLENIKI DEMOKRATIA: "REPÚBLICA HÉLENICA" en grego).
Italia, San Mariño, Cidade do Vaticano "2 ★" seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo.
Malta "2✠✠" repítese seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo.
Países Baixos "GOD ★ ZIJ ★ MET ★ ONS ★" (DEUS ESTE CON NOS en neerlandés). A inscrición tamén aparecía nos floríns neerlandeses.
Portugal O bordo mostra os sete castelos e os cinco escudos de armas, que tamén se encontran na cara específica da moeda.
Eslovaquia "SLOVENSKÁ REPUBLIKA" (REPÚBLICA ESLOVACA en eslovaco) con dúas estrelas e unha folla de tilia.
Eslovenia "SLOVENIJA ●" (ESLOVENIA en esloveno)

Caras actuais

[editar | editar a fonte]

Nota: o deseño da moeda de Francia é tamén coñecido como l'Hexagone, debido á súa forma que lembra un hexágono.

Caras antigas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.