Didunculus placopedetes
Didunculus placopedetes Pomba da Tonga, didúnculo da Tonga | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Extinto | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Didunculus placopedetes Seadman, 2006 |
Didunculus placopedetes, coñecido na bibliografía internacional como pomba da Tonga ou didúnculo da Tonga, era unha especie de ave da orde das columbiformes, familia dos colúmbidos, unha das dúas que integraban a subfamilia dos didunculinos, endémica das illas da Tonga e actualmente extinta, coñecida por restos fósiles que se remontan á era cuaternaria.
Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 2006 polo ornitólogo estadounidense David Seadman,[1] en base a restos subfósiles atopados en depósitos de covas na illa de ʻEua, no Reino de Tonga,[2] e tamén se encontrou durante escavacións arqueolóxicas nas illas de Tongatapu, Lifuka, Ha'ano, ʻUiha e Ha'afeva. Os lugares de escavación datan de 2 700 a 2 850 anos a.C.[3]
Características
[editar | editar a fonte]A pomba de Tonga era moito máis grande que o seu parente máis achegado, a pomba naumeana (Didunculus strigirostris), aínda hoxe vivente, aínda que en grave perigo de extinción.
Medía de 31 a 38 cm de longo e pesaba uns 400 g. Tiña un aspecto repoludo, cunha cola curta e un pico curvado. A parte traseira, a cola e as plumas remeiras secundarias eran de cor parda escura, así como o iris do ollo. O pico era amarelo, e vermello na base, e presentaba unha liña de pel espida ao redor do ollo. As patas eran vermellas, mentres que a plumaxe era na súa maior parte negra verdosa con reflexos azuis nos lados do pescozo.[Cómpre referencia]
Alimentábase de bagas, tubérculos aéreos, froitos que recolectaba na parte superior do bosque , e de sementes de Dysoxylum ssp. (árbores da familia da caoba) usando a para a factura dos froitos o seu curvado pico para acceder a elas a través do pericarpo duro e fibroso.[Cómpre referencia]
Cando aínda era abundante, até vinte individuos podían ser observados en grupos. Os niños eran construídos no chan.[Cómpre referencia]
Extinción
[editar | editar a fonte]A pomba de Tonga desapareceu nalgún momento despois ser do colonizado do arquipélago polo ser humano, probabelmente debido á caza, á perda de hábitat e á influencia de especies invasoras introducidas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Steadman D. W. (2006): "An extinct species of tooth-billed pigeon (Didunculus) from the Kingdom of Tonga, and the concept of endemism in insular landbirds". Journal of Zoology 268 (3): 233–241. Resume.
- ↑ Hume, J. P. & Walters, M. 2012, p. 544.
- ↑ Tyrberg, T. 2009, p. 352.
- ↑ Hume, J. P. & Walters, M. 2012, pp. 116–117.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hume, J. P. & Walters, M. (2012): Extinct Birds. Londres, Reino Unido: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-5725-1.
- Newton, Alfred (1893–1896): A Dictionary of Birds. Londres, Reino Unido: Adam & Charles Black.
- Tyrberg, T. (2009): "Holocene avian extinctions". En Turvey, S. T., (ed.) Holocene extinctions. Oxford, Reino Unido: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-953509-5.