Dous puntos
: |
---|
Dous puntos |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Os dous puntos (:) son un signo de puntuación composto por dous puntos aliñados verticalmente.
Usos
[editar | editar a fonte]- Colócanse antes dunha enumeración.
- Indica que a continuación vén unha conclusión ou un exemplo.
- Despois dos encabezamentos de cartas ou discursos.
Uso como diacrítico
[editar | editar a fonte]Os dous puntos son empregados como sinal diacrítico en diferentes linguas como en budu e sabaot, en África ou en erima, gizra, go:bosi, gwahatike, kalusi, kamula, kasua, kuni-boazi e zimakani [1] en Papúa-Nova Guinea. Na lingua cayuga[2] e no tepehuán suroccidental[3] indica vogal longa.
O Alfabeto Fonético Internacional emprega un símbolo formado por dous triángulos con vértices opostos situados na posición do símbolo de dous puntos (ː). Emprégase o símbolo dos dous puntos se non está dispoñible. Se só aparece o triángulo superior indica que a vogal e semilonga.
Usos non lingüísticos
[editar | editar a fonte]- En Matemáticas ou Xeografía representa unha escala.
- En Matemáticas tamén ten outros usos, como representar unha división ou unha función.
- En Informática indica enderezo (C:) ou asignación en certas linguaxes de programación.
- Aparece habitualmente en emoticonas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter G. Constable; Lorna A. Priest (2006). "Proposal to Encode Additional Orthographic and Modifier Characters" (PDF). Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ "Cayuga Pronuntiation and Spelling Guide". Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Tepehuán". Omniglot. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.