Economía de Afganistán
Economía de Afganistán | |
---|---|
Moeda | afgani |
Organizacións comerciais de que fai parte | SAARC, OCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 45,3 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 101ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3,1% (2013) |
PIB per cápita | 1 100 (2013) |
PIB por sector | agricultura 20%, industria 25,6%, servizos 54,4% |
Inflación | 6,8% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 7.512.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 78,6%, industria 5,7%, servizos 15,7% (2008) |
Desemprego | 35% (2008) |
Industrias | pequena produción de ladrillos, téxtiles, xabón, móbiles, calzados, fertilizantes, cemento, alfombras feitas a man, gas natural, petróleo, carbón, cobre |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 376 millóns (2012) |
Produtos de exportación | opio, froitas e sementes, alfombras feitas a man, la, algodón, peles, xemas preciosas e semipreciosas |
Principais mercados | Paquistán 32,2%, India 27%, Taxiquistán 8,5%, Estados Unidos 6,2% (2012) |
Importacións | 6,39 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e outros bens de capital, alimentos, téxtiles, derivados de petróleo |
Principais mercados | Paquistán 24,3%, Estados Unidos 18%, Rusia 8,7%, India 5,8%, República Popular da China 5,6%, Alemaña 4,4% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1,28 mil millóns (2010) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Afganistán recupérase de décadas de conflitos, e mellorou logo da caída do goberno Talibán o ano 2001, especialmente pola axuda estranxeira e a recuperación da agricultura[1]. Os millóns de dólares recibidos de axuda internacional despois de 2002 e os envíos feitos por expatriados – que o 2006 atinxiron 3,3 mil millóns de dólares[3] - contribuíron para esta mellora da economía. Para esta recuperación axudou tamén o fin dunha seca que se prolongou por catro anos, e melloras na agricultura. Aínda así o Afganistán é un dos países máis pobres do mundo.
Case a metade da poboación sofre coa falta de vivendas, de auga potable, electricidade e emprego. O goberno do país e os organismos de axuda internacional procuraron nos últimos anos atender estas necesidades básicas con investimentos en infraestrutura, educación, construción de casas, programas de emprego, asistencia médica, e reformas económicas.
Agricultura
[editar | editar a fonte]A economía do Afganistán continúa dependente da agricultura a pesar de apenas 12% de seu territorio ser arable, e menos de 6% ser cultivado. A produción é pouca pola dependencia de caídas de neve e chuvias irregulares, e a irrigación é pouca. Hai pouco uso de máquinas agrícolas, pesticidas e fertilizantes químicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ Afghanistan receives $3.3b remittances from expats – Pajhwok Afghan News