Saltar ao contido

Factor de crecemento placentario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PDB 1rv6
Factor de crecemento placentrio
Identificadores
Símbolo PGF
Símbolos alt. PGF ; D12S1900; PGFL; PLGF; PlGF-2; SHGC-10760
Entrez 5228
OMIM

601121

RefSeq NP_001193941
UniProt P49763
Outros datos
Locus Cr. 14 :(74.94 – 74.96 Mb)

O factor de crecemento placentario ou PGF (do inglés Placental Growth Factor) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene PGF do cromosoma 14.[1][2]

O PGF é membro da subfamilia do factor de crecemento endotelial vascular (VEGF), a cal é unha molécula clave na anxioxénese e vasculoxénese, en especial durante a embrioxénese. A principal fonte de PGF durante o embarazo é o trofoblasto placentario. O PGF exprésase tamén en moitos outros tecidos, incluíndo o trofoblasto viloso.[3]

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

A expresión do factor de crecemento placentario nas lesións ateroscleróticas humanas está asociado con placas de inflamación e crecemento neovascular.[4][5]

Os niveis séricos de PGF e sFlt-1 (tirosina quinase-1 de tipo fms soluble, tamén chamado receptor-1 soluble do VEGF) están alterados en mulleres con preeclampsia. Tanto na preeclampsia temperá coma na tardía, os niveis no soro materno de sFlt-1 son maiores e os do PGF son máis baixos en mulleres que presentan preeclampsia. Ademais, os niveis de sFlt-1 placentarios estaban incrementados significativamente e o PGF estaba diminuído en mulleres con preeclampsia ao comparalas con outras con embarazos sen complicacións. Isto indica que as concentracións placentarias de sFlt-1 e PGF reflicten os cambios no soro materno. Isto é consistente coa idea de que a placenta é a principal fonte de sFlt-1 e PGF durante o embarazo.

  1. "Entrez Gene: PGF placental growth factor, vascular endothelial growth factor-related protein". 
  2. Maglione D, Guerriero V, Viglietto G, Ferraro MG, Aprelikova O, Alitalo K, Del Vecchio S, Lei KJ, Chou JY, Persico MG (April 1993). "Two alternative mRNAs coding for the angiogenic factor, placenta growth factor (PlGF), are transcribed from a single gene of chromosome 14". Oncogene 8 (4): 925–31. PMID 7681160. 
  3. Khalil A, Muttukrishna S, Harrington K, Jauniaux E (2008). Lumbiganon, Pisake, ed. "Effect of antihypertensive therapy with alpha methyldopa on levels of angiogenic factors in pregnancies with hypertensive disorders". PLoS ONE 3 (7): e2766. PMC 2447877. PMID 18648513. doi:10.1371/journal.pone.0002766. 
  4. Khurana R, Moons L, Shafi S, Luttun A, Collen D, Martin JF, Carmeliet P, Zachary IC (May 2005). "Placental growth factor promotes atherosclerotic intimal thickening and macrophage accumulation". Circulation 111 (21): 2828–2836. PMID 15911697. doi:10.1161/CIRCULATIONAHA.104.495887. 
  5. Shibuya M (April 2008). "Vascular endothelial growth factor-dependent and -independent regulation of angiogenesis". BMB Rep 41 (4): 278–86. PMID 18452647. doi:10.5483/BMBRep.2008.41.4.278. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 07 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]